Archivo del sitio

Percorrendo o roteiro da novela RESISTENCIA de Rosa Aneiros

9788483029251

Unha parte importante do alumnado de 2º de Bacharelato e máis o grupo de maiores do club de lectura TIRA DA PÁXINA tiveron o pracer de percorrer un roteiro científico-literario centrado na fabulosa novela de Rosa Aneiros titulada Resistencia.

3f665c00-5cd5-437c-b7af-6cba1809eefc(1).JPG

Ao parecer, o sol de principios de febreiro non se podía aturar nin sendo tan divinas nin nada…

image1(1).png

O roteiro e máis a viaxe foron planeados polas profes Tareixa Escariz, Xela Cid e Pilar Conde.

 

 

 

Entre outros lugares visitaron a marabillosa Biblioteca Joaninha da Universidade de Coímbra; a fortaleza de Peniche, onde transcorre unha parte importante da trama narrativa; o Penedo de San Pedro de Moel, onde quixeron pescar un robalo como Dinis, pero o mar bravo non estaba polo labor; o Museo do Vidro, antes a fábrica de vidro dos irmáns Stephens…

 

Un arce e varios rótulos identificativos novos no Espazo verde do IES CARRIL

Finalmente, tras o aprazamento obrigado pola meteoroloxía non axeitada para a ocasión, o venres, 11 de maio, celebrouse no segundo recreo un acto moi xeitosiño para celebrar que temos unha nova árbore, un arce regalado ao centro pola profesora Tareixa Escariz, e unhas poucas plaquiñas de madeira máis que serven para identificar as especies arbóreas do recinto.

 

A CARA OCULTA DOS VERSOS con Tareixa

O alumnado de 1º ESO A 1 visitou a exposición «A CARA OCULTA DOS VERSOS» na primeira sesión do venres 11 de maio para recibir explicacións de Sabela Caneda e Adrián Bouzas, do 1º de Bacharelato de Artes, que á súa vez e co seu grupo tiveron a oportunidade de coñecer a obra exposta da man da propia autora, María Isabel Pintado.

 

E niso estabamos, cando chegou á biblio a profe Tareixa co seu grupo de 3º da ESO para sumáranse á actividade

IMG_5089

E a partir de tal momento, Tareixa elevou exponencialmente a calidade do acto. Porque ela, ademais de ser amiga persoal da artista, conxuga sensibildade e sabedoría tanto en materia literaria coma na das artes plásticas.

 

E por riba, soubo facer partícipe activamente ao alumnado para desentrañar o sentido dalgúns versos enriquecidos coas fermosísmas pinturas e esculturas de María Isabel Pintado.

25 de abril na honra de Tareixa

Tareixa Escariz, profesora que coordina o club de lectura recibíu un bonito agasallo que consistiu nun acto de cariño e recoñecemento organizado por un amplo consunto do seu alumnado e colegas docentes.

Os membros do de Tira da Páxina realizaron a lectura de pezas escollidas por cada un del@s entresacadas dos libros que leron ao longo deste curso e entregáronlle un libriño que as contiña e mais unha caixiña con tarxetas que cada quen lle adicou á profesora.

Outro grupo do seu alumnado interpretoulle unha peza cantada en francés e finalmente foi obsequiada cun fermoso ramo de flores.

A celebraión foi moi concorrida a pesar das limitacións impostas polo horario e polo aforo da biblioteca.

 

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Por suposto, o alumnado de 2º de Bacharelato do grupo B, a titoría de Tareixa, tamén a acompañou neste emotivo acto e, aínda que non fixeron foto de grupo na biblio, engadimos esta que realizaron fóra, diante do pabellón grande uns días despois

843a2dbf-09c2-4a63-9a05-5855d1cdebc7.JPG