Archivo del sitio

AFRA MARTÍNEZ TORRADO

Entrega Afra

Na XLIII edición dos Premios Literarios Minerva, na modalidade de Narración foron presentados 122 traballos. O xurado tivo a ben outorgarlle un accésit a Afra Martínez Torrado, alumna de 2º de Bacharelato, da modalidade de Artes, do noso IES «Miguel Ángel González Estévez», do Carril.
O relato de Afra é soberbio, pero polo de agora non se pode publicar. Narrado desde unha autocrítica perspectiva feminina,  xira arredor da crúa experiencia do maltrato, da violencia de xénero perpretada no fogar.
PARABENS!!!
Deste xeito, Afra recolle a valiosa testemuña que supón a distinción con este honor de Antón Blanco Casas, gañador na anterior edición destes premios outorgados polo Colexio Peleteiro na modalidade de poesía. Daquela, os organizadores decidiron poñerlle ao libro no que se publican todos os traballos premiados da XLII edidión o inesquecible título do poema de Antón A DANZA DOS XACENTES, que podedes atopar xa en Bibliomalveiras.
Por pedir desexos, pidamos que na vindeira edición tamén alguén do noso centro se decida a participar. O equipo de profes da biblioteca brindamos todo o apoio e axuda que estea nas nosas mans.

Minerva Afra

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/marina-mayoral-amadrina-xliii-premios-minerva/idEdicion-2015-03-14/idNoticia-921036/

 

 

«ACTO POÉTICO» CON ANTÓN BLANCO CASÁS

Esta mañá celebramos en Bibliomalveiras un Acto poético arredor da triloxía “A danza dos xacentes” de Antón Blanco Casás, que resultou distinguida co PREMIO MINERVA DE POESÍA deste ano.

la foto 3(10) la foto 4(11)

A sesión foi introducida por Esther, quen como vicedirectora dou paso a Augusto Guedes de Castro. Dirixiu o acto este noso profesor emérito volcado nestes dous últimos cursos no TALLER DE POESÍA do que Antón foi un membro moi activo.

la foto 2(15) la foto 1(12) la foto 5(5)

Recitaron as tres pezas poéticas do noso xoven poeta Olesya Kanevska, Sabela Mosteiro e Saray Baya. A continuación, Cecilia Maurín explicou a Revolución espartaquista, motivo que servíu ao autor como soporte poético para expresarse.

la foto 3(11) la foto 4(12) la foto 1(13) la foto 2(16)

Tras un tempo de coloquio entre Antón e mailo público, Candela Vidal recitou un poema de Antón recollido no libro TALLER DE POESÍA, que recolle unha antoloxía deste grupo poético. Clausurou a sesión o propio Antón lendo “A danza dos xacentes”

la foto 2(17) la foto 1(14)

Participou en calidade de público excelente o alumnado de 4º de ESO e mailas súas profesoras Margarita García Armas e Marta Bande. Tamén asistíu Xoán, irmán de Antón.
Que marabilla poder celebrar de modo tan feliz esta parte final do MES DAS LETRAS!

Co noso poeta Antón Blanco Casás

 

Desde 1963, a instancias do profesor Abuin de Tembra e daquela co apadriñamento de Álvaro Cunqueiro, vense convocando o certamen de Premios Literarios Minerva do Colexio Peleteiro, de Santiago de Compostela, ao que concurren candidatos de toda Galicia.

Algunhas das persoas que acadaron este honor son Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Lois Diéguez, Ánxeles Penas, Fernando Ónega, Suso de Toro, Xavier Queipo, X. A. Neira Cruz…

Este martes día 20 de maio de 2014 ás 5 da tarde, ao noso poeta Antón Blanco Casás vaille ser entregado este prezado galardón en recoñecemento á súa triloxía A DANZA DOS XACENTES.

Ese mesmo día pola mañá, nós tamén lle imos facer os honores en Bibliomalveiras. Antón, escoltado polo seu mestre poeta Augusto Guedes de Castro, vai escoitar recitar as súas pezas nas voces de tres amigas e colegas: Afra, Carolina e Olesya. Cecilia Maurín axudará aos seus compañeiros e compañeiras de 4º de ESO a coñecer a causa espartaquista á que fai referencia o traballo de Antón. Tamén participarán neste acto os membros do Taller de Poesía e os do Clube de Lectura Tira da páxina.

Para o noso centro é sempre un motivo de orgullo descubrir a valía e as inquedanzas artísticas e intelectuais do noso alumnado.

Parabéns!

 

 

Antón Blanco, 1º premio Minerva (modalidade poesía)

   Orgullosos estamos deste noso alumno. Afeccionado á escrita poética e participante no obradoiro de  poesía coordinado por Augusto Guedes, Antón Blanco Casás, alumno de 2º de Bacharelato, presentou a  este certame literario unha triloxía titulada «A danza dos xacentes». E foi seleccionada como a mellor  das obras presentadas nesa modalidade.

 Os premios Minerva teñen dúas categorías: narración e poesía . Está aberto á participación do alumnado  de 3ºESO, 4º ESO e Bacharelato que cursa os seus estudos nun centro educativo galego. Este ano o xurado  estivo composto por 4 membros (profesores, críticos literarios, poetas, xornalistas) coordinados na  modalidade de poesía por Luís Alonso Girgado, secretario do Centro de Estudios Ramón Piñeiro.


Esta é a nova tal e como aparece no sitio web do colexio Peleteiro.