Archivo del sitio

E-LBE.2, a plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais para escolares

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia puxo en marcha E-LBE.2, a plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais escollidos segundo os intereses dos escolares. Este servizo está vencellado ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos públicos integrados no PLAMBE. Ese é o caso do IES O Carril. Hai dispoñibles 3000 contidos dixitais en galego e castelán para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos e mesmo de modo simultáneo (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar.

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

24 de outubro: DÍA DAS BILIOTECAS

Celebrando o Día das Bibliotecas, reunimos aquí varios vídeos interesantes:

Máis opcións para ler en liña

A primeira opción é a que xa se presentaba nunha entrada anterior na plataforma GALICIA LE á que agora podes acceder aínda sen ter carné das bibliotecas públicas.

Galicia le

Rexístrate coas claves que recibas e cando remate a corentena, terás 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné.

GALICIA LE sen carné das bibliotecas públicas

A continuación incorporamos valiosísima información aportada pola  biblioteca do IES de Salvaterra de Miño

https://iessalvabiblio.wordpress.com/2020/04/01/lectura-dixital-gratuita/

 

BIBLIOTECAS DE ORGANISMOS OFICIAIS:

GaliciaLe. Plataforma do libro electrónico da biblioteca públicas galegas onde atoparás obras en formato dixital de temáticas diversas (ficción, informática, historia, lecer etc.) . Permite rexistrarse sen carné da biblioteca durante o estado de alarma polo COVID-19

Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana). Galiciana ten por obxectivo preservar e difundir de maneira virtual o rico patrimonio documental e bibliográfico galego. O apartado de clásicos da literatura galega, presenta 30 clásicos de varios autores.

Biblioteca Virtual da Real Academia Galega. Biblioteca da R.A.G. dedicada a autoras e autores galegos especializada na área das humanidades e, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.

Bivir: Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego. Biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos ( ATG).

Páxina Lg-3 de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Coa posibilidade de descargar varios títulos.

Biblioteca virtual Miguel de Cervantes. Permite o acceso de balde aos títulos da biblioteca virtual, nos seus portais de literatura española, americana, letras galegas…

Biblioteca nacional. Ten un portal libre e gratuito dos documentos dixitalizados da biblioteca.

Proyecto Gutenberg. Permite o acceso á máis de 40.000 títulos de libros de dominio público libres de dereitos.

PÁXINAS DE DESCARGA GRATUITAS

Libro Total: literatura clásica e non tan clásica en formato dixital. Inclúe audio-libros, guías de lectura, comentarios, fotografías….

Bubok. É unha web onde os autores poden autopublicar o seu libro e polo a disposición dos lectores. Algúns son gratuítos. Conta con títulos en galego.

Feedbooks. No apartado de Dominio público ofrece libros libres de dereitos e orixinais gratuítos.

GALICIA LE: PLATAFORMA DAS BIBLIOTECAS DE GALICIA

Para poder utilizar gratuitamente un número impresionante de recursos, basicamente libros en galego ou en castelán pero tamén vídeos, so necesitades formalizar un rexistro co voso DNI.

 

 

Calendario do libro e da lectura para o 2016

calendario-do-libro-e-da-lectura-2016-nova2

BIBLIOTECA ESCOLAR… MATEMÁTICO!!!

Neste curso académico vaise dar un pulo aos recursos de MATEMÁTICAS en Bibliomalveiras así como nas restantes bibliotecas escolares galegas.

cartel mat pasilomat

Daquela, acordouse encargar un póster chulísimo para festexar o DIA DA BIBLIOTECA que se celebra todos os anos na data do 24 de outubro.

PosterBibliotecas2014web

Nós xa o estreamos, e ademais xa empezamos a facer unha selección de recursos dispoñibles na nosa biblioteca vencellados ás Matemáticas. Velaí unha mostra:

MATEMÁTICAS

1. EL DIABLO DE LOS NUMEROS / ENZENSBERGER, HANS MAGNUS R. 3257

2. ¡ AJA! PARADOJAS. / GARDNER, MARTIN.– RBA ISBN 84-473-0422-1 MATEMATICAS R. 1387

3. LOS ACERTIJOS DE SAM LOYD / LOYD, SAM.- BARCELONA: RBA, 2007.- (BIBL. DESAFIOS MATEMATICOS) ISBN 978-84-473-5440-5. MATEMATICAS R. 7198

4. HISTORIA DE LAS MATEMATICAS / CARLAVILLA, J.L.; FERNANDEZ, G.– EDICIONES PROYECTO SUR ISBN 84-8254-353-9 . HISTORIA MATEMATICAS.– I. FERNANDEZ, G R. 8501

5. A ESTATISTICA ¡EN CARICATURAS! / GONICK, LARRY; SMITH, WOOLLCOTT.– 1ª.– SGAPEIO, 2001 . ESTATISTICA.– I. SMITH, WOOLLCOTT R. 4689

6. MATEMATICAS RECREATIVAS / PERELMAN, YAKOB.– RBA, 2007.- (DESAFIOS MATEMATICOS). MATEMATICAS R. 7377exposmat

LITERATURA

1. UN CUENTO ENMARAÑADO Y OTROS PROBLEMAS DE ALMOHADA / CARROLL, LEWIS.– RBA, 2008.– (BIBL. DESAFIOS MATEMATICOS)
ISBN 978-84-473-5586-0 1. MATEMATICAS R. 7423

2. EL CRIMEN DE LA HIPOTENUSA / TEIXIDOR EMILI.– BARCELONA PLANETA&OXFORD, 2009.- (CAMALEON) R. 7938

2. MALDITAS MATEMATICAS. ALICIA EN EL PAIS DE LOS NUMEROS / FRABETTI, CARLO. MADRID: ALFAGUARA, 2008.- (ALFAGUARA JUVENIL) R. 7818

3. SOLEDAD DE LOS NUMEROS PRIMOS, LA / GIORDANO, PAOLO.– BARCELONA : SALAMANDRA, 2010.– (X ANIVERSARIO) R. 8438

4. ROUND THE WORLD IN 80 DAYS / VERNE, JULES R. 2793

5. LA VUELTA AL MUNDO EN OCHENTA DIAS / VERNE, JULES.- MADRID : SM, 2001 ISBN 84-348-7836-4 . NARRATIVA_CAST R. 7787

6. VIAXE O CENTRO DA TERRA / VERNE, JULES.- XERAIS, 1985.- (XABARIN). NARRATIVA_GALEGA R. 4626

7. VEINTE MIL LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO / VERNE, JULES.- MADRID : ALIANZA EDITORIAL, 2001.– (BIBLIOTECA JUVENIL) ISBN 84-206-3612-6 1. NARRATIVA_CAST R. 8216

BANDA DESEÑADA, NOVELA GRÁFICA, LIBROS VISUAIS

1. A ESTATISTICA ¡EN CARICATURAS! / GONICK, LARRY; SMITH, WOOLLCOTT.– 1ª.– SGAPEIO, 2001. ESTATISTICA.– I. SMITH, WOOLLCOTT R. 4689
CINE
1. UNA MENTE MARAVILLOSA / directed by Ron Howard ; written by Akiva Goldsman ; director of photography, Roger Deakins.– [Madrid] : Dreamworks Home Entertainment, [2011].– 1 disco (DVD) (ca 130 min.) : son., col ; 12 cm Idiomas: inglés, castellano ; subt.: castellano, portugués, polaco e inglés para sordos. Drama.– I. Howard, Ron 791.4 R. 8802

Ordenadores conectados a internet nas bibliotecas de Vilagarcía de Arousa

Adoitamos acudir ás bibliotecas normalmente na procura de libros, pero podemos aproveitar nelas outros recursos como música, prensa, cine e tamén acceso gratuito a internet.

Durante os recreos, en “Bibliomalveiras” ofrécese este último recurso poñendo ao dispor do alumnado sete ordenadores con conexión, dando prioridade a quen os necesite para traballar ou estudiar.

Fóra do horario lectivo son as bibliotecas públicas municipais as que poden completar este servicio. Iso sí, limítase o uso máximo do ordenador a unha hora por persoa e día. No caso de que houbera máis dun solicitante por ordenador cómpre esperar a quenda correspondente.

Na biblioteca «Rosalía de Castro» de Vilagarcía hai seis equipos informáticos e ademais wifi gratuíta, na de O Carril hai dous e na de Bamio hai outros dous.

Para que unha persoa menor de idade poida utilizar estes ordenadores conectados a internet nas bibliotecas públicas municipais precisa a primeira vez ir acompañado da súa nai ou de seu pai, quen asinará unha autorización que lle servirá para as veces posteriores.

  • B.P.M. «Rosalía de Castro»

Rúa Alcalde Rey Daviña, 14
Vilagarcía de Arousa
36600 Pontevedra
986 565 228
Luns a venres: 9.00 – 14.00 h.; 16 – 21 h

Sábados: 9.30 – 13.30 h.

biblioteca@vilagarcia.es

  • A.L.M. de Carril

Rúa Santiago, 22
Vilagarcía de Arousa
36610 Pontevedra
986 565 228
Luns a venres: 17 – 20 h.

  • A.L.M. de Bamio

Rúa San Xoán
Bamio – Vilagarcía de Arousa
36618 Pontevedra
986 565 228
Luns a venres: 17 – 20 h.