Ordenadores conectados a internet nas bibliotecas de Vilagarcía de Arousa

Adoitamos acudir ás bibliotecas normalmente na procura de libros, pero podemos aproveitar nelas outros recursos como música, prensa, cine e tamén acceso gratuito a internet.

Durante os recreos, en “Bibliomalveiras” ofrécese este último recurso poñendo ao dispor do alumnado sete ordenadores con conexión, dando prioridade a quen os necesite para traballar ou estudiar.

Fóra do horario lectivo son as bibliotecas públicas municipais as que poden completar este servicio. Iso sí, limítase o uso máximo do ordenador a unha hora por persoa e día. No caso de que houbera máis dun solicitante por ordenador cómpre esperar a quenda correspondente.

Na biblioteca “Rosalía de Castro” de Vilagarcía hai seis equipos informáticos e ademais wifi gratuíta, na de O Carril hai dous e na de Bamio hai outros dous.

Para que unha persoa menor de idade poida utilizar estes ordenadores conectados a internet nas bibliotecas públicas municipais precisa a primeira vez ir acompañado da súa nai ou de seu pai, quen asinará unha autorización que lle servirá para as veces posteriores.

  • B.P.M. “Rosalía de Castro”

Rúa Alcalde Rey Daviña, 14
Vilagarcía de Arousa
36600 Pontevedra
986 565 228
Luns a venres: 9.00 – 14.00 h.; 16 – 21 h

Sábados: 9.30 – 13.30 h.

biblioteca@vilagarcia.es

  • A.L.M. de Carril

Rúa Santiago, 22
Vilagarcía de Arousa
36610 Pontevedra
986 565 228
Luns a venres: 17 – 20 h.

  • A.L.M. de Bamio

Rúa San Xoán
Bamio – Vilagarcía de Arousa
36618 Pontevedra
986 565 228
Luns a venres: 17 – 20 h.

Anuncios

Publicado el 20/01/2014 en malveiradas, Uncategorized y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s