Archivo del sitio

BIBLIOMALVEIRAS NOS ENCONTROS DO PLAMBE EN COMPOSTELA

Nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares do curso 2016-2017, celebrados os días 16 e 17 de marzo de 2017 no Pazo de congresos de Santiago de Compostela, Bibliomalveiras presentou no segundo día dúas das nosas mellores actividades realizadas

no curso 2015-2016: O espazo verde do IES Carril

no curso 2016-2017: Performances musicais

 

 

Sinerxias dinamizadoras en Bibliomalveiras

Programa Encontros PLAMBE 2016-17

 

Anuncios

NOVA PERFORMANCE EN BIBLIOMALVEIRAS

Con motivo do Día da Muller que se conmemora cada 8 de marzo, no IES do Carril “Miguel Ángel González Estévez” realizouse unha nova performance por sorpresa na biblioteca –e xa vai a terceira-, coa finalidade de visibilizar e dignificar a relevancia das mulleres no ámbito artístico, e particularmente no eido da Música. Esta actividade enmárcase nun proxecto de dinamización da biblioteca no que veñen colaborando ao longo deste curso as profesoras do Departamento de Música e as do equipo da biblioteca, ao ronsel do lema das bibliotecas escolares de Galicia para este ano “Territorio das Artes”.

Neste acto do segundo recreo do mércores participou alumnado 2º ESO, 1º de Bacharelato e mailo grupo de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato.

Prepararon unha pasarela verde no centro da biblio, flanqueada por dúas filas de rapazas e rapaces provistos de cadanseu paraugas transparente nos que se podían ler frases fermosas.

Polo medio desfilaron grandes mulleres da Música e a Danza -representadas por outr@s compañeir@s- que ao longo da Historia formaron parte dun xeito simbólico da árbore da vida.

IMG_0849

Esta árbore, totalmente elaborada por alumnos de 2º ESO íase cargando de follas verdes que transportaban as grandes damas da Música e da Danza.

Unha locutora, tamén de 2º de Bacharelato, foi explicándolle á asistencia os pormenores de cada una das damas artistas segundo estas avanzaban cara a árbore.

Cómpre resaltar o feito de que as persoas que se caracterizaron para representar ás grandes artistas eran indistintamente mozas ou mozos. E esta circunstancia foi absolutamente intencionada co obxecto de transmitir que homes e mulleras debemos superar as barreiras que discriminan a unhas fronte aos outros.

Esta performance veuse enriquecida ademais con pezas musicais en directo interpretadas por dúas alumnas de 2º de Bacharelato: a pianista Tifani Barcala e a violinista Magdalena Rodríguez, esta última membro da Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia.

O colofón ao acto púxollo a voz de María González -de 2º de Bacharelato- que cantou a habaneira da ópera Carmen, de Bizet.

A tod@s @s asistentes nos emocionou moito, especialmente a inesquecible  peza final.

Tamén hai que recoñecer o mérito de Sara, de 2º de Bacharelato A, que gravou o vídeo da performance.

IMG_0841.JPG

A biblioteca encheuse a reventar, e para compartir co maior número de persoas este acto, desta vez fíxose un experimento e emitíuse en tempo real na pantalla do vestíbulo.

IMG_0823

Foi un éxito rotundo.

NORABOA!

E velaí a mostra dunha parte do traballo previo:

NOVA PERFORMANCE DO ALUMNADO DE ARTES

Hai xusto un mes, o 7 de novembro, finaba en Los Ángeles o músico, cantante e poeta canadense Leonard Cohen.

Con tal motivo, o alumnado de 2º de bacharelato artístico e mailas súas profesoras de música, Begoña e Judith, decidiron honralo dedicándolle a súa segunda performance en Bibliomalveiras, seguindo o lema BIBLIOTECA ESCOLAR: Territorio das Artes, e convencid@s tod@s de que poucas persoas coma él abandeiraron ao unísono as artes e a literatura.

Cohen compuxo a canciónHallelujah” no ano 1984, cuxa letra é un poema (pola categoría lírica das súas producións gozou do recoñecemento xeral) que conxuga personaxes e conceptos da tradición xudeu-cristiá para desenvolver contidos relacionados coas crenzas e cos problemas existenciais, pero tamén co amor e co desamor.

Existen máis de oitenta versións desta canción e mesmo o propio Bob Dylan, galardonado co Premio Nobel de Literatura deste ano (e co Premio Príncipe de Asturias de las Letras en 2007), tivo a ben interpretala en 1988. En español, Enrique Morente y Lagartija Nick deixaron gravada a súa versión no disco Omega (1996) reeditado neste ano 2016.

A versión do alumnado de 2º de bacharelato, máis modesta pero moi potente, conmoveu a todas as persoas que se apiñoucaron como poideron en Bibliomalveiras, no segundo recreo do pasado venres 2 de decembro. Moitas grazas, artistas.

Leonard Cohen recibira o Premio Príncipe de Asturias de las Letras en 2011. O seu discurso de aceptación fou e segue a ser emocionante e moi inspirador.

 “Hallelujah”
Now, I’ve heard there was a secret chord
That David played, and it pleased the Lord
But you don’t really care for music, do you?
It goes like this, the fourth, the fifth
The minor fall, the major lift
The baffled king composing hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Your faith was strong but you needed proof
You saw her bathing on the roof
Her beauty and the moonlight overthrew ya
She tied you to a kitchen chair
She broke your throne, and she cut your hair
And from your lips she drew the hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
You say I took the name in vain
I don’t even know the name
But if I did, well really, what’s it to you?
There’s a blaze of light in every word
It doesn’t matter which you heard
The holy or the broken hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
I did my best, it wasn’t much
I couldn’t feel, so I tried to touch
I’ve told the truth, I didn’t come to fool you
And even though it all went wrong
I’ll stand before the lord of song
With nothing on my tongue but hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Hallelujah
Autores de la canción: Leonard Cohen
Letra de Hallelujah © Sony/ATV Music Publishing LLC.
A seguinte tradución ao castelán da letra tomámola de http://letras-traducidas.net/hallelujah-leonard-cohen-aleluya/
He oído que existe un acorde secreto
que David solía tocar, y que agradaba al Señor.
Pero tú realmente
no le das mucha importancia a la música, ¿verdad?
Era algo así como
la cuarta, la quinta
cae la menor y sube la mayor.
El rey, confundido, componiendo un aleluya.
Aleluya…
Tu fe era fuerte, pero necesitabas una prueba.
La viste bañarse en el tejado.
Su belleza, y el brillo de la luna, te superaron.
Te ató a la silla
de su cocina.
Rompió tu trono,
y cortó tu pelo.
Y de tus labios arrancó un aleluya.
Aleluya…
Dices que tomé su nombre en vano.
No conozco siquiera su nombre.
Pero si lo hice, bueno, realmente, ¿qué significa para ti?
Hay un resplandor de luz
en cada palabra.
No importa la que hayas oído.
La sagrada o la rota. Aleluya.
Aleluya…
Hice lo mejor posible, no fue mucho.
No podía sentir, así que intenté tocar.
Dije la verdad, no te tomé el pelo.
Y aún así todo salió mal.
Permaneceré ante la oración del Señor,
sin nada en mi lengua más que el aleluya.
Aleluya…

 

PERFORMANCES EN BIBLIOMALVEIRAS

cartel_2016_petit1

Xa que neste curso académico o lema para as Bibliotecas Escolares de Galicia é TERRITORIO DAS ARTES, e contando no centro co Bacharelato Artístico, o departamento de Música e o seu alumnado de diferentes materias prepararon unha fermosa intervención sorprendente e por sorpresa durante un dos recreos na biblioteca o venres 28 de outubro.


Os obxectivos eran varios.

Por unha banda, destaca o máis evidente, se a biblioteca é territorio das artes teñen que tomar posesión dela @s artistas.

Por outra banda, hai que insistir na teima de romper falsas barreiras preconcebidas. No noso centro, a biblioteca tamén se utiliza como sala de concertos ou para actividades musicais en bastantes ocasións, pero nesta en particular non se trataba diso. A intención era a de simultanear os servizos normais da biblioteca durante os recreos co traballo propio das materias musicais e dálo a coñecer e recoñecer.

E por suposto, a performance buscaba si ou si chamar a atención cara a biblioteca. Menuda superpromoción que nos regalaron!

Foi un éxito rotundo.

Moitísimas grazas por poñer en Bibliomalveiras á disposición de tod@s o voso talento.

Pero sabede que se van repetir para superarse, tamén por sorpresa.

Daquela, cómpre considerar interesante pasarse a miúdo pola biblio aínda que non sexa so polos préstamos ou as consultas, ou o xadrez, ou o club de lectura, ou que?