NOVA PERFORMANCE EN BIBLIOMALVEIRAS

Con motivo do Día da Muller que se conmemora cada 8 de marzo, no IES do Carril “Miguel Ángel González Estévez” realizouse unha nova performance por sorpresa na biblioteca –e xa vai a terceira-, coa finalidade de visibilizar e dignificar a relevancia das mulleres no ámbito artístico, e particularmente no eido da Música. Esta actividade enmárcase nun proxecto de dinamización da biblioteca no que veñen colaborando ao longo deste curso as profesoras do Departamento de Música e as do equipo da biblioteca, ao ronsel do lema das bibliotecas escolares de Galicia para este ano “Territorio das Artes”.

Neste acto do segundo recreo do mércores participou alumnado 2º ESO, 1º de Bacharelato e mailo grupo de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato.

Prepararon unha pasarela verde no centro da biblio, flanqueada por dúas filas de rapazas e rapaces provistos de cadanseu paraugas transparente nos que se podían ler frases fermosas.

Polo medio desfilaron grandes mulleres da Música e a Danza -representadas por outr@s compañeir@s- que ao longo da Historia formaron parte dun xeito simbólico da árbore da vida.

IMG_0849

Esta árbore, totalmente elaborada por alumnos de 2º ESO íase cargando de follas verdes que transportaban as grandes damas da Música e da Danza.

Unha locutora, tamén de 2º de Bacharelato, foi explicándolle á asistencia os pormenores de cada una das damas artistas segundo estas avanzaban cara a árbore.

Cómpre resaltar o feito de que as persoas que se caracterizaron para representar ás grandes artistas eran indistintamente mozas ou mozos. E esta circunstancia foi absolutamente intencionada co obxecto de transmitir que homes e mulleras debemos superar as barreiras que discriminan a unhas fronte aos outros.

Esta performance veuse enriquecida ademais con pezas musicais en directo interpretadas por dúas alumnas de 2º de Bacharelato: a pianista Tifani Barcala e a violinista Magdalena Rodríguez, esta última membro da Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia.

O colofón ao acto púxollo a voz de María González -de 2º de Bacharelato- que cantou a habaneira da ópera Carmen, de Bizet.

A tod@s @s asistentes nos emocionou moito, especialmente a inesquecible  peza final.

Tamén hai que recoñecer o mérito de Sara, de 2º de Bacharelato A, que gravou o vídeo da performance.

IMG_0841.JPG

A biblioteca encheuse a reventar, e para compartir co maior número de persoas este acto, desta vez fíxose un experimento e emitíuse en tempo real na pantalla do vestíbulo.

IMG_0823

Foi un éxito rotundo.

NORABOA!

E velaí a mostra dunha parte do traballo previo:

Anuncios

Publicado el 08/03/2017 en malveiradas, Uncategorized y etiquetado en , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s