PERFORMANCES EN BIBLIOMALVEIRAS

cartel_2016_petit1

Xa que neste curso académico o lema para as Bibliotecas Escolares de Galicia é TERRITORIO DAS ARTES, e contando no centro co Bacharelato Artístico, o departamento de Música e o seu alumnado de diferentes materias prepararon unha fermosa intervención sorprendente e por sorpresa durante un dos recreos na biblioteca o venres 28 de outubro.


Os obxectivos eran varios.

Por unha banda, destaca o máis evidente, se a biblioteca é territorio das artes teñen que tomar posesión dela @s artistas.

Por outra banda, hai que insistir na teima de romper falsas barreiras preconcebidas. No noso centro, a biblioteca tamén se utiliza como sala de concertos ou para actividades musicais en bastantes ocasións, pero nesta en particular non se trataba diso. A intención era a de simultanear os servizos normais da biblioteca durante os recreos co traballo propio das materias musicais e dálo a coñecer e recoñecer.

E por suposto, a performance buscaba si ou si chamar a atención cara a biblioteca. Menuda superpromoción que nos regalaron!

Foi un éxito rotundo.

Moitísimas grazas por poñer en Bibliomalveiras á disposición de tod@s o voso talento.

Pero sabede que se van repetir para superarse, tamén por sorpresa.

Daquela, cómpre considerar interesante pasarse a miúdo pola biblio aínda que non sexa so polos préstamos ou as consultas, ou o xadrez, ou o club de lectura, ou que?

 

 

Publicado el 21/11/2016 en malveiradas, Uncategorized, vós y etiquetado en , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Deja un comentario