Archivo del sitio

PREMIOS «ENÓRMIC BANDA»

Este ano, a coordinadora dos equipos de normalización e dinamización lingüística do Salnés acordou que o noso instituto acollera a presentsción do último número da revista Enórmic Banda. Aduciuse que, por unha banda, xa nos tocaba despois duns anos, pero a razón máis importante era que a autora da portada, Afra Martínez Torrado, e máis o responsable do limiar, Antón Blanco Casás, cursaron aquí os seus estudios de Secundaria e Bacharelato (aínda non hai tanto, por certo, aínda que a súa sona vai medrando paseniñamente nos ámbitos das artes e da poesía).

E daquela, este venres 7 de xuño, celebrouse o acto en Bibliomalveiras. Contamos coa presencia do alumnado seleccionado como participante na confección do contido deste último número. Además, convidouse a Afra para comentar o seu estupendo traballo e visionouse un vídeo enviado por Antón. O acto rematou cunha breve interpretación musical a capela.

Antón co club de lectura TIRA DA PÁXINA»

Tal e como estaba previsto, celebrouse o acto de presentación do poemario de Antón Blanco, A oseira, en Bibliomalveiras.

La Voz de Galicia fíxose eco do acto na edición de Arousa cunha nota redactada de modo moi afortunado e certo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/26/span-langglprimeiro-poemario-anton-blancospan/0003_201704A26C119916.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/27/anton-blanco-regresa-carril/0003_201704A27C11996.htm

 

E o Faro de Vigo tamén deu conta do acto

IMG_1660 (2)_LI

Os membros do club de lectura estiveron á altura de tan especial ocasión e formuláronlle a Antón moitas e moi intelixentes cuestións que el foi atendendo con detalle e moita xenerosidade.

Cada membro do club leu cadanseu poema escollido de A oseira, e Antón obsequióunos coa lectura de material poético inédito. Ademais, avanzounos que moi pronto aparecerá parte da súa produción publicada por Galaxia.

Á verdade é que quen tivemos a sorte de asistir (profes e alumnado interesado de 4º e de 1º Bacharelato) aprendemos non só do poeta, senón tamén das reflexións d@s alumn@s do club de lectura TIRA DA PÁXINA.

Esta sesión resultou unha dobre delicia: unha, polo valor intrínseco do tratamento do feito poético, e outra, pola condición dos participantes.

En canto sexa posible, colgaremos o vídeo e transcribiremos a conversa con Antón.

Para o profesorado do instituto de antes e de agora, ocasións coma esta reconfortan moitísimo.

Así que estamos tod@s de noraboa, moi especialmente Parabéns para Tareixa! que coordina con tan boa man o club de lectura, por contarmos con xente nova de probada valía no noso centro.

Graciñas e parabéns, Antón, pola túa colaboración tan cálida e por compartir con nós o teu éxito.

E graciñas e parabéns a Lara, Antía, Nerea, Cristina e Ismael polo seu excelente traballo!

Velaí o vídeo deste acto tan especial

 

ANTÓN BLANCO presenta «A oseira»

Este mércores, 26 de abril de 2016, na 4ª sesión terá lugar a presentación en Bibliomalveiras do primeiro poemario do antigo alumno do instituto Antón Blanco, titulado A oseira . Este acto inscríbese no contexto do MES DAS LETRAS, que desde hai anos no noso instituto se inicia co 23 de abril (día do libro) e abrangue ata o 17 de maio, día das Letras Galegas.

Antón_Blanco_Casás_na_presentación_de_A_oseira_en_Ourense_7-7-2016

A actividade está organizada polo equipo de profes da biblioteca e polos membros do club de lectura TIRA DA PÁXINA en quen recaerá  a maior parte da conducción do acto, coordinados pola súa profesora Tareixa Escariz.

Como asistentes a esta presentación tan especial para o centro, apuntáronse voluntariamente case medio cento de persoas de 4º ESO e 1º de Bacharelato moi interesadas en compartir un rato inesquecible con Antón, para coñecelo mellor e gozar dos seus poemas.

A oseira

O libro xa foi presentado na libraría Espazo Lector Nobel de Vilagarcía (27 de xuño de 2016), na libraría Chan da pólvora, en Compostela (1 de xullo de 2016), en Ourense (7 de xullo de 2016) e en Vigo (28 de setembro de 2016).

Para Bibliomalveiras e para o instituto, como non pode ser doutro xeito, supón unha enorme satisfacción e un orgullo contar cun dos novos potas galegos tan louvado pola crítica, e que por riba foi alumno non hai tanto neste centro.

Antón Blanco Casás resultou distinguido co PREMIO MINERVA DE POESÍA no 2014,  e con tal motivo daquela adicóuselle un acto no que estivo acompañado polos membros do Taller de poesía do instituto, dirixido por Augusto Guedes, ao que el tamén pertencía.

FullSizeRender (5)

Antón constitúe todo un referente de prestixio como persoa, como estudante e como poeta.

AFRA MARTÍNEZ TORRADO

Entrega Afra

Na XLIII edición dos Premios Literarios Minerva, na modalidade de Narración foron presentados 122 traballos. O xurado tivo a ben outorgarlle un accésit a Afra Martínez Torrado, alumna de 2º de Bacharelato, da modalidade de Artes, do noso IES «Miguel Ángel González Estévez», do Carril.
O relato de Afra é soberbio, pero polo de agora non se pode publicar. Narrado desde unha autocrítica perspectiva feminina,  xira arredor da crúa experiencia do maltrato, da violencia de xénero perpretada no fogar.
PARABENS!!!
Deste xeito, Afra recolle a valiosa testemuña que supón a distinción con este honor de Antón Blanco Casas, gañador na anterior edición destes premios outorgados polo Colexio Peleteiro na modalidade de poesía. Daquela, os organizadores decidiron poñerlle ao libro no que se publican todos os traballos premiados da XLII edidión o inesquecible título do poema de Antón A DANZA DOS XACENTES, que podedes atopar xa en Bibliomalveiras.
Por pedir desexos, pidamos que na vindeira edición tamén alguén do noso centro se decida a participar. O equipo de profes da biblioteca brindamos todo o apoio e axuda que estea nas nosas mans.

Minerva Afra

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/marina-mayoral-amadrina-xliii-premios-minerva/idEdicion-2015-03-14/idNoticia-921036/

 

 

«ACTO POÉTICO» CON ANTÓN BLANCO CASÁS

Esta mañá celebramos en Bibliomalveiras un Acto poético arredor da triloxía “A danza dos xacentes” de Antón Blanco Casás, que resultou distinguida co PREMIO MINERVA DE POESÍA deste ano.

la foto 3(10) la foto 4(11)

A sesión foi introducida por Esther, quen como vicedirectora dou paso a Augusto Guedes de Castro. Dirixiu o acto este noso profesor emérito volcado nestes dous últimos cursos no TALLER DE POESÍA do que Antón foi un membro moi activo.

la foto 2(15) la foto 1(12) la foto 5(5)

Recitaron as tres pezas poéticas do noso xoven poeta Olesya Kanevska, Sabela Mosteiro e Saray Baya. A continuación, Cecilia Maurín explicou a Revolución espartaquista, motivo que servíu ao autor como soporte poético para expresarse.

la foto 3(11) la foto 4(12) la foto 1(13) la foto 2(16)

Tras un tempo de coloquio entre Antón e mailo público, Candela Vidal recitou un poema de Antón recollido no libro TALLER DE POESÍA, que recolle unha antoloxía deste grupo poético. Clausurou a sesión o propio Antón lendo “A danza dos xacentes”

la foto 2(17) la foto 1(14)

Participou en calidade de público excelente o alumnado de 4º de ESO e mailas súas profesoras Margarita García Armas e Marta Bande. Tamén asistíu Xoán, irmán de Antón.
Que marabilla poder celebrar de modo tan feliz esta parte final do MES DAS LETRAS!

Co noso poeta Antón Blanco Casás

 

Desde 1963, a instancias do profesor Abuin de Tembra e daquela co apadriñamento de Álvaro Cunqueiro, vense convocando o certamen de Premios Literarios Minerva do Colexio Peleteiro, de Santiago de Compostela, ao que concurren candidatos de toda Galicia.

Algunhas das persoas que acadaron este honor son Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Lois Diéguez, Ánxeles Penas, Fernando Ónega, Suso de Toro, Xavier Queipo, X. A. Neira Cruz…

Este martes día 20 de maio de 2014 ás 5 da tarde, ao noso poeta Antón Blanco Casás vaille ser entregado este prezado galardón en recoñecemento á súa triloxía A DANZA DOS XACENTES.

Ese mesmo día pola mañá, nós tamén lle imos facer os honores en Bibliomalveiras. Antón, escoltado polo seu mestre poeta Augusto Guedes de Castro, vai escoitar recitar as súas pezas nas voces de tres amigas e colegas: Afra, Carolina e Olesya. Cecilia Maurín axudará aos seus compañeiros e compañeiras de 4º de ESO a coñecer a causa espartaquista á que fai referencia o traballo de Antón. Tamén participarán neste acto os membros do Taller de Poesía e os do Clube de Lectura Tira da páxina.

Para o noso centro é sempre un motivo de orgullo descubrir a valía e as inquedanzas artísticas e intelectuais do noso alumnado.

Parabéns!