Archivo del sitio

OS DEREITOS DAS MULLERES

HISTORIA DUNHA LOITA SEN FIN

Bibliomalveiras en colaboración co grupo de traballo de Igualdade (integrado por parte do profesorado do instituto) elaborou un cartaz para ilustrar a conquista dos dereitos acadados polas mulleres en España ao longo do século XX e o que levamos do XXI.

A través de códigos QR pódese ir accedendo directamente á información aloxada nun espazo virtual.

No propio recurso electrónico só precisas clicar nos puntos amarelos para abrir as páxinas cos correspondentes documentos que conteñen textos, imaxes e vídeos.

Clase maxistral de Historia e Memoria democrática impartida por Marcelino Abuín

SUXESTIÓNS DE XANEIRO PARA 1º ESO

Historia Universal. Libros ilustrados

Os domingos estamos a mercar con LA VOZ DE GALICIA a colección da Historia Universal.

Os libros son moi xeitosiños, poucas páxinas, moitas imaxes, letra fácil de ler e explicacións moi boas de entender.

Son especialmente recomendables para o alumnado de 1º ESO.

De momento temos estes catro primeiros.

O Carril no Diccionario Xeográfico de Pascual Madoz

Na actualidade, acceder ás fontes documentais é moito máis fácil ca nunca. Pero se descoñecemos os valiosos recursos que están ao noso dispor, é imposible beneficiarnos da información que nos ofrecen.

Velaí o caso deste

DICCIONARIO GEORÁFICO-ESTADÍSTICO-HISTÓRICO DE ESPAÑA Y SUS POSESIONES DE ULTRAMAR, obra de Pascual Madoz publicada en 1849

Así se refire este importante autor ao Carril, que daquela era concello de seu:

Desde estes enlaces podedes acceder a tan magna obra:

http://www.bibliotecavirtualdeandalucia.es/catalogo/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1004943
http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=http%3A%2F%2Fadrastea.ugr.es%2Fsearch%7ES9*spi%3F%2F.b1352452%2F.b1352452%2F1%2C1%2C1%2CB%2Fl962%7Eb1352452%26FF%3D%261%2C0%2C%2C0%2C-1

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

la foto 3(8)

Pescudando e traballando arreo en Bibliomalveiras, o alumnado do PDC de 4º ESO coa súa profesora do Ámbito Lingüístico-social, Ana Barral, creou esta magnífica exposición.

la foto 1(10)

Como está instalada no primeiro andar, se ao alumnado de 1º de Bacharelato lle fan un exame de HISTORIA aí…

la foto 2(12)

¡MENUDA AXUDA!

 

Marie Antoinette

María Antonieta (2006)

A protagonista principal é Kirsten Dunst que interpreta o papel da raíña de Francia, María Antonieta. A película comeza coa súa chegada á corte francesa de Versalles para casar co futuro rei Louis XVI.

Nese momento María Antonieta tiña 14 anos e comportábase como o que era, unha adolescente. Sofia Coppola, a directora,  preséntanos unha rapaciña presa nunha corte estranxeira entre as mans de xente que se aproveitaba da súa inxenuidade e do seu carácter caprichoso. O seu home non lle prestaba moita atención nin lle daba afecto namentres ela tiña que soportar unha gran presión da corte, que lle demandaba un herdeiro ao trono.

O relato remata coa caída do réxime monárquico na Revolución francesa: Luís XVI e María Antonieta tiveron un tráxico final na guillotina que non sae no film.

 Esta película apórtanos unha visión máis humana deste personaxe histórico ademáis de ofrecernos un gran atractivo visual (Óscar ao mellor deseño de vestuario 2006). Xulgade vós.