Archivo del sitio

AMOR EN 6 LINGUAS

Este martes, día 6 de marzo, tralo fallo do xurado do concurso “Amor en 6 linguas”  foron entregados os correspondentes premios pola profesora coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística, Rosa López, e mais pola Vicedirectora, Clara Piñeiro.

As gañadoras e mais o gañador por lingua foron:

  • Lingua galega
    • ESO: Carla Rodríguez Rivas, 1º B
    • Bacharelato: Amagoia Andújar Mejuto, 1º B
  • Lingua castelá
    • ESO: Rita Bouzas, 3º A2
  • Lingua francesa
    • ESO: Oriana Serqueira Ávalos
    • Bacharelato: Brais González Herraez
  • Lingua inglesa: (deserto)
  • Lingua Grega/latina: (deserto)

Noraboa a tod@s!

 

Os textos premiados están expostos no encerado do corredor da biblioteca, pero tamén se poden ler aquí abaixo e na páxina web do centro:

  • Bacharelato: Brais González Herraez, 1º B

amor_en_seis_linguas14.jpg

https://i0.wp.com/www.edu.xunta.gal/centros/iesmiguelangelgonzalez/galeria/albums/iesmiguelangelgonzalez/userpics/10004/amor_en_seis_linguas1.jpg

  • Bacharelato: Amagoia Andújar Mejuto, 1º B

amor_en_seis_linguas17.jpg

amor_en_seis_linguas2.jpg

  • ESO: Oriana Serqueira Ávalos, 3º B

amor_en_seis_linguas13.jpg

https://i1.wp.com/www.edu.xunta.gal/centros/iesmiguelangelgonzalez/galeria/albums/iesmiguelangelgonzalez/userpics/10004/amor_en_seis_linguas3.jpg

  • ESO: Carla Rodríguez Rivas, 1º B

amor_en_seis_linguas16.jpg

amor_en_seis_linguas4.jpg

  • ESO: Rita Bouzas, 3º A2

amor_en_seis_linguas11.jpg

Rita

Anuncios

IV CONCURSO DE RELATO CURTO

Xa está convocado o IV CONCURSO DE RELATO CURTO en galego da FANPA.

O PRAZO REMATA CO MES DE FEBREIRO.

anfapa1anfapa2

Nova convocatoria do concurso MINERVA

Hai prazo ata o 31 de xaneiro de 2018 para concorrer aos premios literarios MINERVA 2018, convocados polo colexio M. PELETEIRO de Santiago de Compostela.

Pode participar nas modalidades de poesía e narración calquera persoa que curse Ensino Medio e que non cumpra os 20 anos no 2018.

En convocatorias anteriores, obtiveron sendos galardóns Antón Blanco, en poesía, e Afra Martínez, en narración. Ambos formaron parte do alumnado deste instituto.

Así que ánimos a tod@s!

Fallo do xurado do concurso MARIE CURIE E FAMILIA

NORABOA!

Ao grupo de 2º ESO B

que resultou gañador do concurso

MARIE CURIE E FAMILIA

e xa está a disfrutar do seu premio.

Parabéns do equipo de profes de Bibliomalveiras.

Resolución concurso MARIE CURIE E FAMILIA

árbore xenealóxica Sklodowska-Curie

IMG_1968IMG_1970

IMG_1954

CONCURSO: QUE MULLERES!

CONCURSO: QUE MULLERES!

8 de marzo de 2017

Con motivo do Día da Muller que se conmemora cada 8 de marzo, no IES do Carril “Miguel Ángel González Estévez” vanse celebrar varias actividades coa finalidade de visibilizar e dignificar a relevancia das mulleres na sociedade.

E, concretamente, Bibliomalveiras organiza o concurso QUE MULLERES! no que participarán todos os grupos de aula durante a xornada lectiva do mércores.

PROCEDEMENTO E BASES:

  1. A cada grupo entregaráselle unha grella cos nomes e rostros de 20 mulleres excepcionais que destacaron no seu ámbito ao longo da Historia.
  2. Tamén lle será entregada unha copia a cada profe por se quere colaborar cos seus grupos de alumnado ao longo das sesións lectivas da mañá.
  3. De modo colectivo, e coa axuda do profesorado ou como mellor estime o alumnado de cada grupo, intentarase cubrir correctamente o formulario que deberá ser entregado na conserxería, facendo constar nel o grupo de aula correspondente.
  4. O prazo finaliza co remate das clases do propio mércores, 8 de marzo.
  5. Nos días seguintes, todos os formularios cubertos serán expostos onda outro coas solucións.
  6. Haberá un único premio para a aula do grupo gañador que consistirá nun sillón ben xeitoso ou dous.
  7. Se aparecera máis dunha grella con todas as respostas correctas, o premio sería sorteado entre os correspondentes grupos de aula.

QUE MULLERES! FORMULARIO PARA ENCHER

AMOR EN 4 LINGUAS e certame de relato curto de FANPA-PONTEVEDRA

De novo está aberta a convocatoria anual do concurso AMOR EN CATRO LINGUAS.

O prazo remata o día 15 de febreiro, os premio entregaránse o 24.

Pódese concursar escribindo cartas de amor (orixinais en todos os sentidos) empregando o francés, o inglés, o galego ou o castelán. Os textos entréganselle a calquer profe das catro linguas.

 

Amor_en_catro_linguas.png

Ademais tamén está aberto o prazo para concursar no V Certame de Relato Curto en lingua galega convocado pola Federación de Nais e Pais (FANPA) que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra,  da Deputación e da editorial Kalandraka. Conta con catro categorías, para alumnos de Primeria, Secundaria, Bacharelato/Formación Profesional e tamén unha destinada a adultos.

O prazo para entregar os relatos manterase aberto ata o próximo 28 de febreiro.

As bases do concurso pódense consultar neste enlace http://certame.nontedurmas.org/

Os premios, para o gañador de cada unha das categorías, será un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustrador Xosé Cobas. Ademais como novidade, nesta ocasión os cinco primeiros clasificados en cada categoría poderán participar nun obradoiro de creación literaria impartido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Como en anteriores edicións Kalandraka publicará nun libro os 120 relatos finalistas, no que se incluirá un texto feito expresamente para a ocasión polo escritor profesional Xabier Docampo.

http://www.kalandraka.com/blog/2017/01/19/v-certame-de-relato-curto-de-fanpa-pontevedra/

Concursos contra a violencia de xénero

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín organiza o V Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2016, a través da Oficina de Igualdade, coa finalidade de incrementar a concienciación e sensibilidade da sociedade ante esta gran lacra social.

Tuits contra a violencia de xénero. Son mensaxes, lemas ou expresións de repulsa contra a violencia de xénero que se realizan a través da rede social twitter e a súa extensión máxima é de 140 caracteres.

Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada persoa poderá enviar un máximo de tres tuits. 2.

Os tuits que participen no concurso deberán incluír o hastag #lalinsenviolencia e facer mención a @eigualdad e un duplicado a @ConcellodeLalin

As bases están a disposición das persoas interesadas na Oficina de Igualdade e na web http://www.lalin. gal, pero nestes enlaces podedes consultalas.
O premio consistirá nunha Tablet Android 10” e un diploma acreditativo.

http://www.lalin.gal/files/PDF/D%C3%ADptico%20V%20Concurso%20de%20Tuits%20contra%20a%20violencia%20de%20x%C3%A9nero%202016.pdf

http://www.lalin.gal/files/PDF/Bases%20reguladoras%20do%20V%20Concurso%20de%20tuits%20contra%20a%20violencia%20de%20x%C3%A9nero%202016.pdf

http://www.lalin.gal/files/Extracto%20do%20V%20Concurso%20de%20tuits%20contra%20a%20violencia%20de%20x%C3%A9nero%202016.pdf

V CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tamén se convocou un concurso de cartas co mesmo obxecto, XIII Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” 2016, organizado polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade.

http://www.lalin.gal/files/PDF/Extracto%20do%20XIII%20Concurso%20de%20cartas%20Dillo%20a%20quen%20maltrata%202016.pdf

https://i1.wp.com/www.lalin.gal/files/imagecache/192x144/Imagen%20077.jpg

Concurso de videopoemas

QUE É UN VIDEOPOEMA?

Un videopoema é un texto poético audiovisual.

conc videopoemas

BASES DO CONCURSO

  1. Pode participar todo o alumnado do instituto.
  2. O texto poético ten que ser orixinal.
  3. As fotografías, gravacións e/ou música teñen que ser propias ou sen dereitos de autor.
  4. O videopoema pode ser en galego, castelán, inglés ou francés.
  5. Pódese participar de maneira individual ou en grupos de ata tres persoas.
  6. Pódese participar con máis de un traballo.
  7. O videopoema deberá levar uns créditos finais nos que aparezan: nome e apelidos, curso, autoría das fotografías, gravacións e/ou música empregadas (o voso nome no caso de que sexan propias, as fontes de onde as tomáchedes no caso contrario).
  8. Tes que enviar o videopoema ao enderezo: bibliodasmalveiras@gmail.com indicando o voso nome, apelidos e curso.
  9. A data tope de envío e participación é o 31 de maio.
  10. O xurado valorará, entre outros, aspectos como a calidade (que boa técnica…), creatividade (que descoberta!) e  potencialidade (cantas suxestións xera…).
  11. Na última semana do curso proxectaranse os traballos e anunciarase a creación gañadora, que recibirá un premio.

As seguintes ferramentas poden axudarte na elaboración:

  • Para a gravación de son: Audacity
  • Para a edición audiovisual: Moviemaker
  • Bancos de imaxe e música libres de dereitos de autor: Souncloud

Aquí vos deixamos algúns exemplos de videopoemas que vos poden servir de inspiración:

 

PARABÉNS AOS NOS@S USUARI@S PREFERENTES DO CURSO 2014-2015

En particular, concéntranse vari@s no grupo de 1º ESO B.

GAÑADORES DO CERTAME

“SEMANAS NEGRAS” EN BIBLIOMALVEIRAS

CONCURSO:

¿Queres colaborar na resolución dun crime literario?

FALLO DO XURADO.

O equipo de profesorado de BIBLIOMALVEIRAS, tras realizar o escrutinio das papeletas entregadas para participar no concurso “¿Queres colaborar na resolución dun crime literario?”, resolve outorgar o primeiro premio a:

Javier Lorenzo Galbán, de 1º ESO B

la foto 1

E ademais concede un segundo premio a:

Eloy Fernández González, de 1º ESO B

la foto 2

No Carril, a 16 de xuño de 2015.

O equipo de profesorado de BIBLIOMALVEIRAS.
Relación de Participantes               Grupo / nivel       Puntos
Javier Lorenzo Galbán                       1º ESO B              6
Eloy Fernández González                  1º ESO B              5
Ezequiel Portas Betanzos                   2º Bac. A2            3
Loaira Mª Miguéns Pérez                   1º ESO B               2
Sabela Tubío García                          1º ESO B               2
Carmen Torrado Conde                      4º Diver                 1
Paola Agrasar Rey                             4º Diver                 1
Silvia Conde Isorna                            1º Bac. C               1

la foto 4

Relación de Mellores Usuari@s de Bibliomalveiras

Curso 2014-2015

O equipo de profesorado de BIBLIOMALVEIRAS, tras analizar a estatística de préstamos do curso 2014-2015, resolve outorgar tres premios a:
Relación de Mellores Usuari@s      Grupo / nivel         Préstamos
Loaira Mª Miguéns Pérez                 1º ESO B                    35
Eloy Fernández González                1º ESO B                    28
Raquel Castro Rodríguez                 1º Bac. B                    16
No Carril, a 16 de xuño de 2015.

O equipo de profesorado de BIBLIOMALVEIRAS.

la foto 3 la foto 5