Archivo del sitio

UN MAR DE ARTE: PREMIOS

PEIXES NUN MAR DE ARTE

Desde a primeira semana deste mes hai aberto un concurso de peixes.

Organizouno Maika Fernández e consiste en descubrir en que cadros de artistas moi relevantes están inspirados estes peixes creados polo alumnado de Plástica de 4º ESO: Ainhoa Abalo, Noelia Caldas, Julia Rodríguez, Carmen Romero, Starling Valdez, Caio Carriel, Nerea Daponte, Noa Fernández, Adrián Loroño, Raúl Parracho, Edén Rodríguez, Laura Treus, Elías Villarroel.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Interpretan nas láminas a Van Gogh, Seurat, Picasso, Escher, Klimt, Max Ernst, Renoir, Miró, Vasarely, Paul Klee, Dalí, Basquiat e Magritte. Por esa orde.

E como non podía ser doutro xeiro, o premio é… un bote de peixiños para deleitarse saboreándoos.

IMG_7911.jpg

ARTE E POESÍA. POESÍA E ARTE

Cartel_Bibliotecas_Escolares__8-19web_2

Na liña do lema marcado para as bibliotecas escolares deste curso, o alumnado do Bacharelato Artístico elaboraron estas fermosas propostas coordinados por Maika, que é a súa profe e membro do equipo da biblioteca.

 

Esta interesante exposición atópase no último tramo das escaleiras que arrancan detrás da cafetería.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.