Archivo del sitio

OS DEREITOS DAS MULLERES

HISTORIA DUNHA LOITA SEN FIN

Bibliomalveiras en colaboración co grupo de traballo de Igualdade (integrado por parte do profesorado do instituto) elaborou un cartaz para ilustrar a conquista dos dereitos acadados polas mulleres en España ao longo do século XX e o que levamos do XXI.

A través de códigos QR pódese ir accedendo directamente á información aloxada nun espazo virtual.

No propio recurso electrónico só precisas clicar nos puntos amarelos para abrir as páxinas cos correspondentes documentos que conteñen textos, imaxes e vídeos.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO «MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO»

NORABOA!!!

Dos premios deste concurso resultaron merecedoras

1. Ainhoa Fuentes Lorenzo (3ºESO B)
2. Desiré Raúl dos Anjos (3ºESO A)

As dúas recibiron os correspondentes agasallos conxuntamente coas personas que acadaron os premios dos concursos de fotografía «Mulleres traballando»

Recomendacións no Día da Muller

CARA AO 8 DE MARZO

Lecturas propostas, entre outras dos fondos da biblio, para encarar con fundamento e xeito este vindeiro 8 de maio:

IMG_8202.jpg

Obradoiro con Esther Carrodeguas

No marco das actividades organizadas en torno ao Día da Muller, o venres 9 de marzo visitou o centro Esther Carrodeguas para impartir uns obradoiros cos grupos de Artes escénicas de 4º e 2º de Bacharelato.

Esther F. Carrodeguas (Rianxo, 1979) é escritora, xornalista, técnica audiovisual, actriz e directora teatral. Licenciada en Xornalismo e Técnia Superior en Imaxe, tras traballar durante anos n eido audiovisual, decide cambiar o seu rumbo vital no 2006 de cara ao teatro e a creación propia. É así como comeza a formarse como actriz en Espazo Aberto (con Carlos Neira e Cristina Dominguez) ou na Escola Internacional da Comicidade (con Antón Valén e Normal Taylor, entre outros). Na actualidade estuda dirección e dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD).

Fundadora da Compañía Teatro da Falúa (eterna finalista do certame Galiza Crea), dirixe na actualidade o Cadro Artístico Airiños (o máis antigo en activo de Galiza), ao tempo que organiza certames poético-escénicos e mesmo participou no Poetry Slarn Nacional de Madrid, representando a Vigo. Ten publicados diversos textos e moi pronto dispoñeremos do seu libro Na butaca, editado por Galaxia

o seu blog

a súa web

https://youtu.be/LctH6B7mr8A

 

8 de marzo, Día da muller

 

Nas semanas previas ao 8 de marzo, o alumnado do centro foi buscando recortes de prensa nos que se reflectira a presenza das mulleres na sociedade e reflexionando se en cada caso, esas noticias daban conta dos logros acadados na longa loita a prol da equiparación dos dereitos de mulleres e homes «LUCES», ou se pola contra aportaban testemuñas do moito que aínda resta por conseguir «SOMBRAS»

IMG_3954

As nais da ANPA «AS BRIÑAS» tamén colaboraron facendo achegas da prensa electrónica que quedaron instaladas nun panel na entrada ao centro.

 

 

 

Co total das noticias recollidas polos distintos grupos/titorías confeccionouse un enorme mural na primeira planta onde os recortes quedaron clasificados en LUCES e SOMBRAS:

 

 

 

 

 

 

O día 7 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller en previsión da folga convocada para o día propio, o 8.  De modo solemne, na entrada principal durante o recreo, as alumnas Iria López González, Sara Mosteiro Otero e Alejandra Rubianes González leron o seguinte manifesto que representa o sentir das rapazas e rapaces do noso centro educativo. O texto foi creado de xeito colaborativo por Elena Oubiña, Nerea Fernández e María González.

 

As mulleres reclamamos un mundo sen violencia e o dereito a vivir unhas vidas libres nun mundo máis xusto.

Hoxe o 100% do poder eclesiástico é dos varóns, mais do 90% do poder económico é dos varóns, e mais do 80% do poder político está en mas de varóns. O mundo é inxusto e desigual.

Por iso mulleres de todo o mundo loitan pola igualdade e a xustiza.

Por iso se conmemora cada ano o 8 de marzo, data que lembra ás traballadoras do textil que en 1911 foron asasinadas nun incendio da fábrica na que traballaban por loitar polos seus dereitos laborais. Este ano, 2018, ademais no 8 de marzo viviremos Un Paro Internacional de Mulleres, para reivindicar o mundo no que queremos vivir:

Un mundo onde as tarefas de coidados sexan unha responsabilidade de toda a sociedade, valorizando o traballo invisibilizado das mulleres, construíndo redes, apoios e estratexias vitais en contextos dificiles e de crises.

Un mundo onde non existan as violencias económicas, onde deixemos atrás o empobrecemento das mulleres, onde non existan diferenzas salariais cos varóns.

Queremos un mundo onde as mulleres non sexamos tratadas como obxectos sexuais e onde os estándares estéticos non sexualicen a nosa indumentaria e os nosos movementos.

Un mundo onde todas poidamos ser LIBRES: dispoñer e gozar en liberdade do noso tempo, DO NOSO CORPO, SEN MEDO NA RÚA, SEN MEDO NA CASA.

Un mundo onde a nosa VOZ teña o mesmo valor cá voz de calquera home, onde non sexamos sempre sospeitosas de mentir. Un mundo no que non se nos condene ao SILENCIO.

Como cada ano

CELEBRAMOS, ESTE 8 DE MARZO

NESTE CENTRO

EN CARRIL

CON TODAS AS MULLERES DO MUNDO

PORQUE O MUNDO TAMÉN É DAS MULLERES

SE AS MULLERES PARAMOS, PARA O MUNDO

 

QUE MULLERES! Fallo do xurado.

Á espera aínda (se cadra) dalgunha reclamación, están expostas as grellas de todos os grupos participantes na pizarra do corredor da biblioteca onda as solucións.

sol. quiniela.jpg

O grupo/aula que mellor respondeu é o de 1º ESO B, así que esta xentiña xeitosa será quen disfrute polo que queda de curso do sillón ou sillóns que quedarán instalado/s na súa aula proximamente.

 

IMG_0914

Noraboa!

Por que non coñecemos inventos creados por mulleres?

A serra circular, as bengalas, os limpaparabrisas, os modernos botes salvavidas, a cirurxía láser para curar as cataratas, o adhesivo para a cirurxía do corazón, o telescopio acuático, tratamentos contra a leucemia, o sida e a malaria, o primeiro algoritmo de ordenador, as pastillas de freno, a propulsión de satélite, o material antibalas…

PENSA EN MALVA

PENSA EN MALVA…

DATOS, FRASES E MULLERES GALEGAS NO DÍA DA MULLER.

No vestíbulo da entrada principal do instituto instaláronse uns paneis de lectura e de recollida de sinatura.

IMG_0853

Por una banda, no panel horizontal, achéganse datos arredor das eivas contra as que as mulleres aínda debemos loitar.

No panel vertical ao carón do texto que se leu na concntración das 13.00 h. colocáronse unas follas para recoller sinaturas de quen se sinte feminista. Tamén asinaron homes.

Pendurando do teito pódense ler frases moi remarcables de mulleres e homes de autoridade que axudan a pensar e mirar na vida en malva, violeta ou lila.

E ao subir por calqueira das dúas escaleiras do edificio podemos ir reparando e/ou coñecendo a cen mulleres galegas salientables.

Cen mulleres galegas

ACCESO A LA EDUCACIÓN

ACCESO Y CONTROL DE RECURSOS

DERECHOS SEXUALES Y REPRODUCTIVOS

frases = galego

frases = genero

LAS CARAS DE LA DESIGUALDAD ENTRE HOMBRES Y MUJERES

PARTICIPACIÓN PÚBLICA Y PODER DE DECISIÓN

Por qué 8 marzo

TRABAJO DOMÉSTICO

TRABAJO REMUNERADO

VIOLENCIA DE GÉNERO

EN DEFENSA DO FEMINISMO

CONCENTRACIÓN E LECTURA DUN TEXTO EN DEFENSA DO FEMINISMO

Ás 13.00 h. as alumnas e traballadoras docentes e non docentes reunímonos no vestíbulo da entrada e fixemos un paro simbólico no que estivemos acompañadas por moitísimos alumnos e traballadores docentes ou non.

IMG_0855

Unha alumna de 2º de Bacharelato, en representación de todas, leu este breve texto que logo moitas persoas subscribiron nun panel instalado ao efecto.

O feminismo non pelexou ningunha guerra. Non asasinou aos seus oponentes. Non creou campos de concentración, matou de fame aos seus inimigos, nin practicou crueldades. As súas batallas foron pola educación, polo dereito ao voto, por mellores condicións laborais, para a seguridade nas rúas, para o coidado das nenas, para o benestar social, para centros de crises de violacións, refuxios de mulleres, reformas legais.

Se alguén me di “Oh, eu non son feminista”, pregunto, “por que?cal é o teu problema?”

Dale Spender, escritora autraliana.

manifesto en galego