Archivo del sitio

OS DEREITOS DAS MULLERES

HISTORIA DUNHA LOITA SEN FIN

Bibliomalveiras en colaboración co grupo de traballo de Igualdade (integrado por parte do profesorado do instituto) elaborou un cartaz para ilustrar a conquista dos dereitos acadados polas mulleres en España ao longo do século XX e o que levamos do XXI.

A través de códigos QR pódese ir accedendo directamente á información aloxada nun espazo virtual.

No propio recurso electrónico só precisas clicar nos puntos amarelos para abrir as páxinas cos correspondentes documentos que conteñen textos, imaxes e vídeos.

8M: Actividades organizadas polo profesorado do grupo de Igualdade do instituto do Carril

No marco da conmemoración do 8M o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato do IES O Carril participou o venres 18 de marzo pola mañá nun encontro cos colectivos feministas “O Soño de Lilith” e “Feministas de Catoira” no auditorio municipal de Vilagarcía.

Daisy Alcalde e Alejandra Muñiz, representantes da asociación vilagarciana “O Soño de Lilith”, e Vanessa Pérez e Cristina Longo, voceiras de “Feministas de Catoira”, expuxeron a traxectoria das dúas asociacións, as súas motivacións e os obxectivos fundamentais do seu traballo para a concienciación a prol da igualdade e responderon ás preguntas dun alumnado que se amosou participativo e moi interesado. Explicaron e defenderon un feministo transversal onde a loita feminista vai da man da ecoloxía, do antirracismo e da defensa dos dereitos LGTBI+. Subliñaron, pois, a importancia de construír un mundo máis xusto sen opresións e no que as diferenzas non supoñan desiguais oportunidades, tratos ou dereitos.

Daisy Alcalde e Cristina Longo son antigas alumnas do noso instituto.

Este acto veuse a sumar ás actividades que nesta semana organizou o grupo de Igualdade do instituto do Carril, que acolle neste momento a exposición da V Edición de Festivala: mulleres creando, facilitada pola asociación “O Soño de Lilith” coa colaboración do concello de Vilagarcía.

Entre outras actividades, o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer o labor e as reivindicacións da asociación de mariscadoras “Amarcarril” da man de Inma Otero, Rita Vidal e Pupe Jueguen, que visitaron o centro o pasado xoves 17, achegando materiais divulgativos e mesmo ferramentas de traballo.

Os actos do 8M completaron o coñecemento da situación actual das mulleres coa análise da historia dos seus dereitos. Esta quere ser graficamente plasmada nun estudo do alumnado de 3º ESO, que está a elaborar a “Liña do tempo dos dereitos das mulleres” para reflectir o difícil camiño da reivindicación.

MUJERES: historias de Feminismo (Diversidad, Empoderamiento y Sororidad), por marpadron.com

Neste enlace atópanse un monte de documentos interesantísimos

http://marpadron.com/

Pero se cadra cómpre resaltar un listado de pelis para ver sen maior problema se se dispón de conexión a internet:

http://educagenero.org/25-peliculas-sobre-mujeres-y-feminismo

  • Ágora (2009)
  • Antonia´s Line (1995)
  • Bar Bahar (In Between, 2016)
  • Brave (2012)
  • Criadas y Señoras (The Help, 2011)
  • Figuras ocultas (Hidden Figures, 2016)
  • Flores de otro mundo (1999)
  • La fuente de las mujeres (La source des femmes, 2011)
  • La vida empieza hoy (2010)
  • La vida secreta de las abejas (The Secret Life of Bees, 2008)
  • La vida secreta de las palabras (The Secret Life of Words, 2005)
  • Las Chicas de la Lencería (Die Herbstzeitlosen, 2006)
  • Las Horas (The Hours, 2002)
  • Las mujeres de verdad tienen curvas (Real Women Have Curves, 2002)
  • Lejos del cielo (Far from Heaven, 2002)
  • Madres e Hijas (Mother and Child, 2009)
  • Million Dollar Baby (2004)
  • Mujer contra Mujer (It These Walls Could Talk 2, 2000)
  • Mustang (2015)
  • Persépolis (2007)
  • Quiero ser como Beckham (Bend It Like Beckham 2002)
  • Sufragistas (Suffragette, 2015)
  • Te doy mis ojos (2003)
  • Thelma & Louise (1991)
  • Tomates Verdes Fritos (Fried Green Tomatoes, 1991)

Adxuntamos este pdf.

EN DEFENSA DO FEMINISMO

CONCENTRACIÓN E LECTURA DUN TEXTO EN DEFENSA DO FEMINISMO

Ás 13.00 h. as alumnas e traballadoras docentes e non docentes reunímonos no vestíbulo da entrada e fixemos un paro simbólico no que estivemos acompañadas por moitísimos alumnos e traballadores docentes ou non.

IMG_0855

Unha alumna de 2º de Bacharelato, en representación de todas, leu este breve texto que logo moitas persoas subscribiron nun panel instalado ao efecto.

O feminismo non pelexou ningunha guerra. Non asasinou aos seus oponentes. Non creou campos de concentración, matou de fame aos seus inimigos, nin practicou crueldades. As súas batallas foron pola educación, polo dereito ao voto, por mellores condicións laborais, para a seguridade nas rúas, para o coidado das nenas, para o benestar social, para centros de crises de violacións, refuxios de mulleres, reformas legais.

Se alguén me di “Oh, eu non son feminista”, pregunto, “por que?cal é o teu problema?”

Dale Spender, escritora autraliana.

manifesto en galego