Archivo del sitio

Charla con Coral Piñeiro tras a proxección do documental sobre Mariví Villaverde

Enlace á noticia do acto no FARO DE VIGO

https://www.farodevigo.es/arousa/2023/04/22/aprendizaje-debio-suceder-coral-pineiro-ies-o-carril-marivi-na-pel-da-memoria-86328871.html

Clase maxistral de Historia e Memoria democrática impartida por Marcelino Abuín

ROTEIRO DA MEMORIA DEMOCRÁTICA POLO CARRIL

Un grupo do alumnado de 1º de Bacharelato do IES O Carril, tivo a oportunidade de realizar o venres, 10 de xuño de 2022, un roteiro organizado polo Departamento de Historia e pola Biblioteca, para coñecer in situ parte da Memoria Democrática de Vilagarcía de Arousa, da man de pesrsoas que saben moito desta materia e que se esforzan por divulgar e compartir os seus coñecementos e de transmitir, para fortalecer, valores democráticos: Margarita Teijeiro Suárez, Antonio Caeiro e Xosé Castro Ratón. Incansables activistas os tres, comprometidos con múltiples iniciativas e que son responsables entre outras actividades das vencelladas ao Faiado da Memoria e á Memoria Democrática de Vilagarcía.

Dos ROTEIROS DE MEMORIA DEMOCRÁTICA existentes no concello de Vilagarcía de Arousa, que mellor que empezar a coñecelos polo do Carril. E de feito, nin dou tempo a saír do Carril.

Esta tamén é unha actividade de lectura no sentido máis amplo do concepto.

GUÍA DE RECURSOS SOBRE A GUERRA CIVIL

Republicanos represaliados polo franquismo

O pasado xoves 28 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu na biblioteca a unha clase de Historia moi especial coa súa profesora Marta Bande.

MartaPorque non sempre se pode acceder ás fontes orais que ofrezan testemuña directa do noso pasado histórico, resultou un pequeño luxo este coloquio centrado na importancia da memoria histórica a través do achegamento a dous represaliados polo franquismo, Luís Trigo Chao (de Ourol, Lugo) e Julián Iglesias del Río (do Carril).

luis e julianPara facer isto posible contamos coa xenerosa colaboración de Fernanda Cedrón, neta de Luis, e de Agustín Iglesias, fillo de Julián.

Fernanda e Agustin