Archivo del sitio

Semana da MÚSICA e das ARTES ESCÉNICAS no IES O Carril

MAQUETAS DE TEATRO

O alumnado de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato C coa súa profesora Susana Suárez orgaqnizou esta exposición das maquetas de teatro que elaboraron. Este traballo complétase co deseño dos figuríns.

¡Estupenda creatividade!

La importancia de llamarse Ernesto

O alumnado de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato creou estes marabillosos figuríns a partir do estudio da obra de Óscar Wilde La importancia de llamarse Ernesto.

E se alguén sente interese,na biblioteca hai dispoñible un lote de exemplares do libro

I Mesa Redonda: Mulleres nas Artes Escénicas en Galicia

I Mesa Redonda: Mulleres nas Artes Escénicas en Galicia

O alumnado que cursa a asignatura de Artes Escénicas e o de primeiro de Bacharelato de Artes participou hoxe a última hora da mañá nunha mesa redonda na Biblioteca. A responsabilidade de artellar a estrutura do acto e conducilo correu a cargo de Susana Suárez, profe de Artes Escénicas, e Iria López, Borja Castro e Sabela Caneda que cursan esta materia en 2º de Bacharelato.

IMG_8789.jpg

O coloquio levaba por título Mulleres nas Artes Escénicas en Galicia e contou coa presenza de:

  • Blanca Cendán, actriz de longa traxectoria no teatro en Galicia, nada en Ares en 1963, comezou a actuar no teatro en 1988 coa compañía Chévere. É unha das co-fundadoras da Sala Nasa de Santiago de Compostela e en abril de 2010 foi elixida directora do Centro Dramático Galego. Podemos vela tanto en televisión como no cine en series como Galicia exprés e Valderrei, en películas coma Urxa e mais en curtametraxes como A boa caligafía.

sin-tc3adtulo-2.jpg

  • Cristina Domínguez, directora e activista teatral. Impartiu diversos cursos relacionados coa voz e a dicción, tema que tamén ocupa o seu libro Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz. Recibiu premios á mellor dirección escénica por As do Peixe, O Tío Vania  e Coitelos nas Galiñas. Do 2006 ao 2009 foi directora executiva e artística do Centro Dramático Galego. Algunhas das obras que dirixiu son As presidentas, Coitelos nas galiñas, As do Peixe ou Nacidas libres. Dende o 2015 ata a actualidade é vicedirectora da ESAADG escola superior de arte dramática de Galicia.

Sin título.png

  • Miriam Rodríguez,é a máis ecléctica das artistas galegas, graduouse en Belas Artes en Pontevedra, formouse en teatro, Commedia dell´arte, danza contemporánea, hip hop, funky e canto, góspel, a súa actividade vai dende a performance, a dirección de coros e diversos espectáculos escénicos. Fundadora e vocalista de Le BarLuthier, directora do coro-show Os sons dos Artikgos, docente de teatro musical Dadá, fundadora e actriz en O Eido da Pequena Teatro e pertence a Asociación Galega de Commedia dell´arte Indignati.

Sin título.jpg

Con esta actividade o que se pretendía era levar a realidade do día a día de tres profesionais que traballan no ámbito das Artes Escénicas en Galicia, achegando ao alumnado a súa experiencia ao longo das dilatadas carreiras respectivas.

 

 

 

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Dende o Departamente de Música e do Equipo da Biblioteca cremos necesaria unha reflexión sobre o papel e o labor das mulleres no teatro en Galicia, como dramaturgas, actrices, figurinistas, artistas da performance, produtoras, directoras artísticas… dándolle visibilidade a diversidade de profesións dentro da escena en Galicia.

 

 

https://youtu.be/yw1oiECIaEs

 

E cómpre dicir que as expectativas cumpríronse con creces.

Así se reflectiu na prensa:

 

MAQUETAS ESCENOGRÁFICAS

Nesta Semana da ciencia podemos desfrutar no vestíbulo de preciosas maquetas de escenografías de obras de teatro, realizadas polo alumnado de ARTES ESCÉNICAS de 2º BAC coa súa profesora Susana Suárez.

Ao principio expuxéranse na Biblioteca, pero alí non lucían o suficiente e ademais había problemas coas outras actividades programadas para celebrarse alí.

IMG_7022

Obradoiro con Esther Carrodeguas

No marco das actividades organizadas en torno ao Día da Muller, o venres 9 de marzo visitou o centro Esther Carrodeguas para impartir uns obradoiros cos grupos de Artes escénicas de 4º e 2º de Bacharelato.

Esther F. Carrodeguas (Rianxo, 1979) é escritora, xornalista, técnica audiovisual, actriz e directora teatral. Licenciada en Xornalismo e Técnia Superior en Imaxe, tras traballar durante anos n eido audiovisual, decide cambiar o seu rumbo vital no 2006 de cara ao teatro e a creación propia. É así como comeza a formarse como actriz en Espazo Aberto (con Carlos Neira e Cristina Dominguez) ou na Escola Internacional da Comicidade (con Antón Valén e Normal Taylor, entre outros). Na actualidade estuda dirección e dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD).

Fundadora da Compañía Teatro da Falúa (eterna finalista do certame Galiza Crea), dirixe na actualidade o Cadro Artístico Airiños (o máis antigo en activo de Galiza), ao tempo que organiza certames poético-escénicos e mesmo participou no Poetry Slarn Nacional de Madrid, representando a Vigo. Ten publicados diversos textos e moi pronto dispoñeremos do seu libro Na butaca, editado por Galaxia

o seu blog

a súa web

https://youtu.be/LctH6B7mr8A

 

PERFORMANCES EN BIBLIOMALVEIRAS

cartel_2016_petit1

Xa que neste curso académico o lema para as Bibliotecas Escolares de Galicia é TERRITORIO DAS ARTES, e contando no centro co Bacharelato Artístico, o departamento de Música e o seu alumnado de diferentes materias prepararon unha fermosa intervención sorprendente e por sorpresa durante un dos recreos na biblioteca o venres 28 de outubro.


Os obxectivos eran varios.

Por unha banda, destaca o máis evidente, se a biblioteca é territorio das artes teñen que tomar posesión dela @s artistas.

Por outra banda, hai que insistir na teima de romper falsas barreiras preconcebidas. No noso centro, a biblioteca tamén se utiliza como sala de concertos ou para actividades musicais en bastantes ocasións, pero nesta en particular non se trataba diso. A intención era a de simultanear os servizos normais da biblioteca durante os recreos co traballo propio das materias musicais e dálo a coñecer e recoñecer.

E por suposto, a performance buscaba si ou si chamar a atención cara a biblioteca. Menuda superpromoción que nos regalaron!

Foi un éxito rotundo.

Moitísimas grazas por poñer en Bibliomalveiras á disposición de tod@s o voso talento.

Pero sabede que se van repetir para superarse, tamén por sorpresa.

Daquela, cómpre considerar interesante pasarse a miúdo pola biblio aínda que non sexa so polos préstamos ou as consultas, ou o xadrez, ou o club de lectura, ou que?