Archivo del sitio

¿Quién mató a Luli?

Cando para este último MES DAS LETRAS decidimos traballar cos relatos policiacos a partir do 125º aniversario do nacemento de Agatha Crhistie, lembramos unha actividade de hai xa un lustro, pero que viña ao conto, realizada polo alumnado do centro con moito éxito.
Custou algo de traballo a edición do texto, pero finalmente ofrecémosvos unha simpática lectura “dramática” de verán e maila súa dramatización gravada. Certo que o vídeo é dunha calidade xustiña, pero como di o incomparable Miguel de Cervantes ao rematar a segunda parte do seu insuperable Don Quijote de la Mancha: “VALE”.

todos_miniatura 2009-2010
No remate do ano académico 2009-2010, o alumnado de 2º de Bacharelato redactou e puxo en escena na ceremonia de despedida de curso (o día 27 de maio de 2010, no auditorio municipal) unha obra de teatro que podería clasificarse dentro do xénero humorístico-policiaco.

Titúlase ¿Quién mató a Luli? e resulta ser unha refrescante dobre parodia. Dunha parte remeda a estrutura das pezas policíacas e bota man dos seus tópicos; pola outra, os personaxes están inspirados en persoas reais que veñen a ser docentes deste alumnado ou a mesma Luli, alma da cafetería.
Desafortunadamente, non conservamos copia do texto íntegro que se corresponda coa representación plasmada no vídeo. E por certo, cómpre agradecer a Esther Dasilva que facilitara a Bibliomalveiras a copia en papel que ela gardou.

Velaí o texto e maila representación.
Que os disfrutedes!

Texto en pdf: Quién mató a Luli

Enlace á páxina web antiga do IES DO CARRIL e pasos a seguir
http://centros.edu.xunta.es/iescarril/arquivos_09-10/desp_bach/

Clicar en «Vídeos» e seleccionar despois no listado Quen matou a Luli?

Quién mató a Luli fotoTamén se pode acceder á gravación a través de you tube

PARABÉNS AOS NOS@S USUARI@S PREFERENTES DO CURSO 2014-2015

En particular, concéntranse vari@s no grupo de 1º ESO B.

GAÑADORES DO CERTAME

“SEMANAS NEGRAS” EN BIBLIOMALVEIRAS

CONCURSO:

¿Queres colaborar na resolución dun crime literario?

FALLO DO XURADO.

O equipo de profesorado de BIBLIOMALVEIRAS, tras realizar o escrutinio das papeletas entregadas para participar no concurso “¿Queres colaborar na resolución dun crime literario?”, resolve outorgar o primeiro premio a:

Javier Lorenzo Galbán, de 1º ESO B

la foto 1

E ademais concede un segundo premio a:

Eloy Fernández González, de 1º ESO B

la foto 2

No Carril, a 16 de xuño de 2015.

O equipo de profesorado de BIBLIOMALVEIRAS.
Relación de Participantes               Grupo / nivel       Puntos
Javier Lorenzo Galbán                       1º ESO B              6
Eloy Fernández González                  1º ESO B              5
Ezequiel Portas Betanzos                   2º Bac. A2            3
Loaira Mª Miguéns Pérez                   1º ESO B               2
Sabela Tubío García                          1º ESO B               2
Carmen Torrado Conde                      4º Diver                 1
Paola Agrasar Rey                             4º Diver                 1
Silvia Conde Isorna                            1º Bac. C               1

la foto 4

Relación de Mellores Usuari@s de Bibliomalveiras

Curso 2014-2015

O equipo de profesorado de BIBLIOMALVEIRAS, tras analizar a estatística de préstamos do curso 2014-2015, resolve outorgar tres premios a:
Relación de Mellores Usuari@s      Grupo / nivel         Préstamos
Loaira Mª Miguéns Pérez                 1º ESO B                    35
Eloy Fernández González                1º ESO B                    28
Raquel Castro Rodríguez                 1º Bac. B                    16
No Carril, a 16 de xuño de 2015.

O equipo de profesorado de BIBLIOMALVEIRAS.

la foto 3 la foto 5

Case resolto o dobre crime do cadáver aparecido en Bibliomalveiras

pamela ruby esquelas

ultimo voz carril

Presentación do libro A PORTA DE EUROPA

IMG_0682

Este martes, 12 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a afortunada oportunidade de recibir a Sabela Muñiz.

IMG_0665

Esta escritora non só veu a Blibliomalveiras para presentar o seu libro, senón tamén para achegarnos a súa experiencia creativa, o proceso de elaboración literaria, os esforzos da edición e da distribución e outros aspectos vencellados ao seu traballo.

IMG_0675

A porta de Europa, de Sabela Muñiz, e a segunda novela desta xoven autora vilagarciá publicada por Redelibros Editorial.

IMG_0664

Trátase dunha novela negra innovadora, que mestura suspense e ficción, pero na que se poden recoñecer perfectamente persoas, escenarios e situacións reais da sociedade galega a través do relato do enfrontamento de dúas familias de narcos pelexando polo control do territorio. Por outra banda, tamén ofrece a posibilidade de reflexionar sobre cuestións tan relevantes como a relixión, política, costumes, leis, narcotráfico, etc.

IMG_0677 IMG_0678 IMG_0681

Resolución dun crime literario: El extraño caso del Doctor Jekyll y Míster Hide

Algunhas persoas están a recibir bonitiñas recompensas seguindo os concursos da resolución de relatos literarios. Por se se anima alguén, de momento estamos con este:

concurso jekyll

imagejekyll

Panel da investigación de UN CADÁVER EN LA BIBLIOTECA

Velaí en detalle o panel de sospeitosos e das relacións que median entre todos os personaxes da novela de Agatha Christie. Claro, a policía da fantasía púxolles caras coñecidas. E do mesmo xeito, buscou localizacións reais para algúns espazos literarios:

Bantry Melchett Marple Jefferson JosieDina hotel2

A VOZ DO CARRIL nas Semanas negras

En tres números consecutivos deste xornal de ficción recóllense os avances das pesquisas arredor de Un cadáver en la biblioteca, de Agatha Chistie, adaptada ao noso centro:

voz carrril 1 voz carrril 2 voz carrril 3

PRIMEIRA SEMANA NEGRA DE MAIO

cartel AfraContinúan a avanzar as pesquisas para a resolución do crime da biblioteca. A Voz do Carril vaise facendo eco entre as súas noticias de ficción dos datos máis relevantes. O panel policial vaise enchendo e os responsables da investigación vanse achegando aos sospeitosos máis sospeitables:

silueta alfombra silueta alfombra2 panel panel2Tamén se mantén en alto a colaboración literaria para resolver os concursos dos outros libros de miisterio policíaco:

ambientación pasillo concurso participación literaria oferta libros e pelis

23 de abril. Día do libro en plenas SEMANAS NEGRAS

23 de abril

Nesta data, ademais de lembrar o cuarto centenario da publicación da segunda parte de EL QUIJOTE

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2015/febrero/autores-letras/Quijote-IVcentenario-IIparte.html

e aledarnos de que Juan Goytisolo recibira o Premio Cervantes

http://www.rtve.es/alacarta/videos/premio-cervantes/discurso-integro-juan-goytisolo-premio-cervantes-2014/3103044/

tamén organizamos actividades en por nós.

actrividades primeiras na semana do libro

Por unha banda, un grupo de rapaces do club de lectura «Tira da páxina»  presentou os seus libros preferidos:

os libros que nos gustan1os libros que nos gustan2os libros que nos gustan3os libros que nos gustan4os libros que nos gustan5

os libros que nos gustan6

Pero ademais arrancou o concurso arredor do libro Un cadáver en la biblioteca, de Agatha Christie, por todo o alto porque sí que apareceu un cadáver en Bibliomalveiras nada mais abrir a porta no primeiro recreo. Velaí a escea do crime:

escea crime 1 escea crime 2 escea crime 3 escea crime 4 escea crime 5 escea crime 6

escea crime 7

O conto tivo tremenda repercusión na prensa de ficción

vozcarril

E de modo tan teatreiro iniciamos todo un proceso de investigación arredor do relato policial de Agatha Christie a través dun concurso

concurso cadaver concurso cadaver2

Pero, claro, un crime tan policiaco sempre debe quedar resolto.  Por iso, en breve asistiremos ás sucesivas fases de pescudas, interrogatorios, probas, autopsia, testemuñas… Vaia, que merece un «ceseí» en toda regla.

Ai que andar cos ollos moi abertos a partir de agora, porque hai recompensas ¡Ollo!

Para quen xa lera esta novela, ou para quen prefira outras propostas de narracións de misterio policial ou de novela negra, e mesmo de cine, cómpre pasarse por Bibliomalveiras para botarlle un ollo ás outras nosas ofertas do MES DAS LETRAS deste ano

oferta libros e pelis

Na teatralización do cadáver en Bibliomalveiras, contamos coa participación dun grupiño de artistas colaboradoras do 2º de Bacharelato de Artes. Graciñas a Jessica Barreiro (o corpo do deito), Sara González (cámara), Alicia Juncal (maquillaxe) e Afra Martínez (cartel).

artistas Bac