Acto de presentación do libro

TALLER DE POESÍA en Bibliomalveiras para o alumnado de 4º de ESO.

Portada_Taller_de_poesíaEste martes, que comezou con chuvia e vento, amansouse calidamente ao sol deste inverno rigoroso; e se cadra sucedeu así, maxicamente, ao caloriño da poesía de Antía, Olesya, Carolina, Raúl, Candela, Antón e Augusto. Nesta sesión honrounos tamén coa súa presenza a responsable da edición e maquetación do libro, Ana Fernández Calvo.

la foto(6)

la foto(7)

la foto(5)

la foto(3)

la foto(4)

Compartimos impresións, emocións e orgullo

polo seu traballo artístico fermoso e de moita

calidade cos autores e autoras que recitaron

algunhas das súas pezas poéticas preferidas.

        ¡Bravo!   ¡Noraboa!   E graciñas.

O proxecto do TALLER DE POESÍA naceu no curso 2012-2013 (o primeiro do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES no que participa o noso centro) co obxecto de dar abeiro á inquietude creadora do alumnado que voluntariamente se sentira concernido, e coa intención de axudar a esta xente nova a reflexionar sobre a esencia e a funcionalidade da poesía; pero tamén servíu para poñer ao seu dispor unhas canles polas que discorreran as súas producións.

Ben certo é que non se esperaba conformar un gran grupo arredor de materia tan delicada, mais a fabulosa sorpresa resultou ao descobrir a entrega, a dedicación, a constancia e a excelencia destas persoas comprometidas coa poesía. E mesmo se deixou notar o tirón de préstamos de libros de poesía coma nunca antes se rexistrara na biblioteca, mais alá das obras de lectura obrigatoria escritas en verso.

En moitas ocasións se apelou ao lexendario título do poema de Bertolt Brecht “Malos tempos para a lírica” para subliñar a prevalencia dos aspectos e ata dos instintos máis básicos da vida das persoas e das sociedades sobre os grandes valores que ao fin son o alimento e a substancia da dignidade humana. Pero o mestre alemán sostiña que a poesía en calqueira das súas modalidades sempre é oportuna porque sempre nos é necesaria e consustancial. Brecht fala así mesmo entre liñas da versatilidade da poesía. Esto mesmo defende Augusto Guedes de Castro, outro gran mestre e poeta el tamén, quen se prestou xenerosamente a doar tempo da súa etapa “xubilosa” e ilusión a mans cheas liderando un pequeño gran grupo de rapazas e rapaces poetas no noso instituto do Carril.

Mérito sobrado, probadísima competencia didáctica e paixón cómpre recoñecerlle a Augusto ao acadar amalgamar as inquedanzas e mais os intereses dun grupo heteroxéneo no que confluía alumnado da ESO e de 1º de Bacharelato. Pero de lei é alabar a intelixente permeabilidade e mais a capacidade de compartir as pezas creativas xeradas demostrada por todos os integrantes do taller, e no indefinido podería incluirse tamén ao profesor.

Desde unha perspectiva tanxencial, o que se salientaba das sucesivas sesións semanais na biblioteca, luns tras luns, era como ía medrando exponencialmente o proxecto ata metamorfosearse na asunción dun auténtico grupo poético con vida propia e vocación de permanencia no tempo. E desde unha perspectiva institucional, é preciso remarcar que poucas veces coma nesta marabillosa ocasión cobra sentido en todo o seu esplendor a función cultural do ensino público.

Para Bibliomalveiras e para o IES “MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ” do Carril constitúe un honor contar con alumnado tan excelente e cun profesor emérito que xa sen obrigas bríndase e de que maneira a nós.

Con orgullo expresamos o noso agradecemento por demostrar que nunca son malos os tempos para a lírica a…

Anuncios

Publicado el 11/02/2014 en malveiradas, vós y etiquetado en , , . Guarda el enlace permanente. 2 comentarios.

  1. Parabéns a todos e todas as poetas, que son un auténtico orgullo para o centro. Parabéns tamén pola fermosísima reflexión que acompaña este post.

  2. Moitísimas gracias a todos os profesores e profesoras que puxeron tantas ilusións neste proxecto, foi fantástico sentirse tan apoiada. É un gran agasallo, tanto o libro como a experiencia, gracias!!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s