Archivo del sitio

De roteiro en Compostela con Antón Riveiro

Rematabamos o curso dando conta das recomendacións de lectura do club de lectura e reiniciamos a andaina escolar con el@s tamén.

tod@s.jpg

O pasado xoves, 28 de setembro, os membros maiores de “Tira da páxina” viaxaron a Santiago acompañados da súa profe coordinadora Tareixa Escariz e da profesora de galego Pilar Conde, para participar nun roteiro organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Concello de Compostela, centrado no libro

portada-libro-roteiro.jpg

O autor dedicoulles un dos exemplares do biblioteca.

dedicatoria

E ademais coñeceron ao editor Vítor freixanes

Anuncios

Aida Brianes, Laura Porto y Cecilia Maurín

museo-do-ferrocarril-197019_01_gra

Ferrocarril compostelano da Infanta Dña. Isabel,  así se lle chama ao pequeno camiño de ferro (42km), construído para unir Santiago de Compostela co moi importante porto de Carril, hoxe en día coñecido coma un barrio mariñeiro do Concello de Vilagarcía, naquela época lugar de residencia comercial de importantes homes de negocios e saída ao mar.

foto antigua
Esta estación inaugurouse o 15 de setembro de 1873. Ese mesmo día, ás doce menos cuarto na estacion de Cornes (Santiago) o penintenciario da Catedral, Sr. Palacios, bendice as catro locomotoras de dous eixos axustados mentres no aire resoan gran cantidade de foguetes. Así mesmo, á mesma hora na estación de Carril sóltase un globo aerostático que levaba panos de seda artísticamente bordados, que ao queimarse os fíos que os suxeitaban, foron caendo, sendo recollidos polos asistentes ao acto. Era un feito histórico que a locomotora iniciara aquela viaxe ata a estación facendo realidade a intención de convertir a Santiago en porto de mar.
No1821 eran Concellos as poboacións de Carril, Vilaxoán, Rubiáns e Sobrán, pero coa reorganización pasan a formar parte de Vilagarcía, que a partir de 1921 se denominará Vilagarcía de Arousa. O Concello en 1920 contaba cunha poboación de 14.860 hab. e poseía o nivel de vida dunha cidade, Vilagarcía foi acadando máis e máis importancia, ademáis de por ser un gran núcleo de poboación, pola construcción do seu porto en 1866, que deixou nun segundo plano a Carril. Era pois, inevitable que Vilagarcía, que non deixaba de crecer, non tardase en pedir unha estación propia. Sobre todo a raíz da ampliación da línea férrea ata Pontevedra no ano 1899 e o seu posterior enlace coa rede internacional a través de Redondela. A petición da incorpración municipal, no ano 1890, o Goberno ordea a The West a construcción dunha nova estación en Vilagarcía , pero John Trulock recurriu e finalmente dita orden cgehou revocada. O goberno local entón botou man dos seus amigos máis pudientes e a través do marqué de Aranda e don entón ministro de Fomento Aungusto González Besada, retomouse o proxecto, cunha canció incluída a The West. Aínda así, a nova estación non se construiría ata 1996.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Wikipedia
http://www.patrimoniovilagarcia.com

18 comidas

Esta película de 2010 está dirixida por Jorge Coira, amigo persoal desde hai moitos anos de Luis Tosar e Pico, actores que (entre outros moitos galegos e non galegos) aparecen no reparto. Ao director nótaselle o dominio técnico na confección do guion e maila súa rexa e probada experiencia no traballo das series de televisión (Terra de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares ).

Nesta cinta preséntansenos unha serie de pequenas historias cotiás ensambladas pola presenza dun personaxe encarnado por Luis Tosar (quen ademais dun excelente actor é músico el tamén na vida real), un músico que toca polas rúas do casco histórico compostelán ao longo dunha xornada. A través da súa continuidade ao modo dun fío condutor e grazas á interconexión dalgúns outros personaxes que se integran en varios dos diferentes relatos da longametraxe, acadamos como espectadores activos, pero sen ter que esforzármonos apenas, a construción dun discurso narrativo aberto, pero non tanto, e máis complexo do que podería parecer.

O título é ben significativo porque as pezas que engarzan o relato global son basicamente dezaoito comidas (almorzos, xantares, ceas) e as circunstancias nas que teñen lugar.

¡Ollo, que as circunstancias son ben heteroxéneas e tocan moitos aspectos vitais da xente normal!

A cinta en versión orixinal está rodada en galego, castelán e inglés; de aí, o seu interese lingüístico, pero tamén a necesidade dos subtítulos.

O máis importante de todo o que se poida comentar de 18 comidas é que se trata dunha película moi amena que convida ao gusto pola gastronomía e máis á reflexión.

Ficha da película en IMDb