Intocable

Imagen

Intocable: unha película excelente para arricarnos un sorriso e conmovernos coa súa tenrura.

Por Manuel Sánchez Silva (4PDC)

Un aristócrata ferido nun accidente e un mozo dos suburbios de París coñécense e as súas vidas cambian. O aristócrata sae da súa rutina e é contaxiado polas ganas de vivir do mozo, que se converte no seu axudante.

O contido da película engancha desde o principio porque empeza polo final e, como sabemos que están xuntos, necesitamos saber como se coñeceron e que relación teñen.

Driss é un rapaz que viven nun barrio conflictivo de París e polo tanto está relacionado coas drogas, a violencia, os atracos… pero a pesar da imaxe de malote que transmite, ao longo da película podemos ver como ten un gran corazón e se preocupa pola súa familia, por Philippe e por todos os que o rodean; está preocupado polo seu curmán e vixía a ver quen é o que lle vende as drogas, vai en coche e observa á súa tía cando está traballando porque a botaba de menos e necesitaba saber como estaba, pola noite preocúpase moito por Philippe cando lle da o ataque e el cálmao e faino sentir ben…É unha persoa optimista, chea de vida e de alegría por vivir. Ao principio está desanimado porque non ten traballo e déixase levar polo estilo de vida do seu barrio, incluso acaba de saír do cárcere por atracar unha xoiería, pero no momento en que Philippe o contrata e ve a posibilidade de ter un traballo e de que serve para algo, xa non se sente un inútil. É o tipo de persoa que contaxia alegría aos que ten arredor e non entende de formalismos; isto vese cando na ópera se ri do cantante, cando na festa de cumpreanos se cansa de tanta música clásica e invita a todos a bailar música moderna… Tamén é unha persoa con moito humor e ao longo da película hai momentos no que o espectador ten que rir; isto podemos velo cando fai bromas coa incapacidade que ten Philippe para moverse, cando lle di ao mozo da filla de Philippe que saque a cervexa do pelo, cando lle bota o té quente nas pernas, cando lle lava o pelo coa crema dos pes…

Philippe é un home rico, educado e está tetrapléxico debido a un accidente. Leva unha vida moi aburrida ata que coñece a Driss e tómalle moito cariño. Grazas a el consigue ter unha cita cunha muller que no futuro será a súa esposa e coa que marchará para Marrocos e terá dous fillos. É un bo home, ao que non lle importa que Dress sexa un delincuente e que valora o seu corazón e que aínda que sente que o necesita, cando se da conta de que Dress ten que solucionar problemas familiares dálle a súa liberdade para que o deixe.

Yvonne é unha muller que vive para o seu xefe e olvidouse de mirar por ela e grazas a coñecer a Driss decídese a ter un noivo.

A filla de Phillipe é unha caprichosa que mira por riba a todos e Driss ábrelle os ollos a seu pai para que a poña no seu sitio e aprenda a tratar ben ás persoas.

Ao final o que ensina é que é moi importante o interior das persoas, o protagonista a pesar de vivir nun barrio marxinal é unha boa persoa que axuda e contaxia coa súa alegría a todos os que ten arredor seu. Esta mistura de humor e dramatismo é o que fai que a película sexa moi atractiva.

É unha película que transmite ternura, risa, loucura, ganas de vivir, alegría, emoción…

Intocable obtivo varios premios: o Globo de Ouro 2013 a “Mellor película de fala non inglesa”, o Goya 2013 a “Mellor película europea” e o BAFTA 2013 a “Mellor película de fala non inglesa”

Aínda que se trata un tema moi serio, faise con humor. O que transmite é a importancia de erguerse cada mañá con ganas de vivir e facer cousas novas e deixarse de formalismos; o importante son os sentimentos das persoas e non as regras estrictas da sociedade. Ensina a moitas persoas que se atopen nesta situación a analizar a súa postura e valorar se paga a pena lamentarse ou disfrutar da vida, aínda que se atopen na situación na que está o protagonista despóis do accidente.

Anuncios

Publicado el 11/03/2014 en cinema, Uncategorized y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. bibliomalveiras2

    Que boa crítica, Manuel. Encantoume tanto o xeito en que expós como o propio contido da túa reseña. A peli é estupenda e ben seguro que moitas persoas que aínda non a coñecen animaranse a collela.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s