Las mujeres de verdad tienen curvas

Imagen

Las mujeres de verdad tienen curvas

Por Tamara Mene Barral (4PDC)

Ana, a protagonista desta historia, ten 18 anos e está a punto de acabar os seus estudos de secundaria e na súa vida sentimental encontra a un rapaz que a quere tal e como é. Pero Ana encóntrase nunha familia “chapada a la antigua” como ben di ela, que se opón a que estude. A súa nai Carme só quere que traballe no taller de costura da súa irmá e faga unha familia o antes posible, Carme só conseguirá baixarlle a autoestima meténdose co seu corpo.

Ana, o personaxe principal, en canto ao físico, é unha rapaza gordecha co pelo longo e escuro e de estatura media. Do seu carácter pódese dicir que é unha rapaza amable que sabe o que quere na vida e pretende levarse o mellor posible ca súa nai.

Carme, fisicamente, é igual a Ana, si, tamén gorda aínda que se meta con ela por iso sendo esta igual. É egoísta, non pensa en ninguén máis que en ela, sen escoitar as opinión dos demáis, pensando que só ela ten a razón. 

Se só ves os cinco primeiros minutos da película, non esperes moito máis dela do que aparece, con ese título que deixa moito que desexar, pero así como segue e vai chegando ao argumento, vaite enganchando un pouquiño máis.

Resulta unha película moi lixeira no só polos noventa minutos escasos que dura senón polo ben que vai enlazada a historia, non encontras ningún tipo de dúbida nin nada que che poida custar entender. Podemos dicir que hai dúas esceas ou tres como moitas un pouco tristes, pero sen que che chegue a emocionar tanto coma para que che caiga unha bágoa, dado que ten sobre todo ese punto de comedia.

Esperta unha sensación de simpatía, de risa polo pouco sentido que ten Carme que ao mesmo tempo pode chegarche a dar rabia de tan pesada que se fai. Non é unha película que esperte moitas emocións, non esperedes unha película que vos faga rir ou chorar como seguro que vos pasou con El Diario de Noa ou Crepúsculo.

Anuncios

Publicado el 11/03/2014 en cinema, Uncategorized y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. bibliomalveiras2

    Se cadra, o maior interese desta película reside en ser un historia máis ou menos corrente de mulleres correntes. Porque á verdade, non sempre as mulleres normais o temos fácil para identificarnos coas típicas actrices tan loiras e de tez tan branca, tan esbeltas, tan todo. Logo, nas súas vidas reais nin siquiera elas son tan perfectas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s