Sentido y sensibilidad

sentido

Sentido y sensibilidad: Outra gran película de Ang Lee

Por Azahara Silva Villaverde (4PDC)

O señor Dashwood morre e a súa herdanza pasa ao seu fillo froito do seu primeiro matrimonio deixando sen casa á sua viúva e ás súas tres fillas que teñen que ir vivir ao campo. Pero antes de irse, Eleonor coñece ao cuñado do seu hermanastro, Edward, e namorase del. Unha vez no seu novo fogar, Marianne coñece a un home que lle vai facer sufrir un proceso de maduración.

Ang Lee sumérxese nunha nova película, e neste caso trátase dunha historia que nos conta as dificultades que tiña que pasar unha muller de clase media, nunha sociedade na que o único que importaba era o diñeiro que se tiña e con quen se casaba.

É unha película que ao principio resulta un pouco aburrida, pero ao longo dela van xurdindo tramas moi entretidas e algunha incluso divertida. A película conta cun gran elenco de actores moi bos, como Emma Thompson, que fai o papel de Elionor, a irmá maior, tranquila e serea. Tamén está Kate Winslet, que fai o papel dunha rapaza xoven e guapa que só quere pasalo ben e ao longo da película sofre unha gran tranformación.

A película é moi emotiva e ten as súas partes de risas que che fan pasar un bo rato.

En conclusión, trátase dunha película digna de ver un domingo pola tarde en boa compañía xa que nela ves que aínda que os anos pasen, as cousas non son moi diferentes desta época.

Anuncios

Publicado el 11/03/2014 en cinema, Uncategorized y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. bibliomalveiras2

    Moi boa a suxerencia, Azahara. Esta historia sempre conmove, pero nesta película moi en particular son as súas estupendísimas actrices as quen consiguen tocarnos a fibra emotiva. Tamén cómpre non esquecer cantos dereitos acadaron para nós outras mulleres que loitaron contra a discriminación feminina. E ¡ollo!, que aínda hoxe hai moitas nenas, rapazas e mulleres no mundo quen viven na desigualdade total frente aos nenos, mozos e varóns adultos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s