Archivo del sitio

CITAS MATEMÁTICAS PARA PENSAR

IMG_5512

O equipo de profesoras de Bibliomalveiras propoñemos nun mural na entrada principal do edificio un diagrama (a Maika pareceulle axeitado un deseño tal que non desentonara cos pensamentos matemáticos seleccionados por Mercedes Ferreiro) de LECTURAS DOSIFICADAS DE CITAS MATEMÁTICAS PARA PENSAR.

IMG_5514

E así, neste tempo de visitas para recoller notas e matricularse, quen queira poderase parar diante. aínda que sexa para matar os ratos de espera, lendo unha ou varias doses destas citas matemáticas de 14 mulleres e un home.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Botádelle un ollo porque vos vai prestar.

De veras.

 

Anuncios

AUDIOS DE 1º ESO A 1 SOBRE MULLERES MATEMÁTICAS

Finalmente, o alumnado de 1º ESO A 1 dou rematado o miniproxecto de traballo proposto nas áreas de Matemáticas e Lingua Castelá producido unha serie de 14 audios centrados cada un deles nunha muller matemática.

Velaí están

 

MULLERES MATEMÁTICAS

O alumnado de 1º ESO A-1 está a traballar nun pequeno proxecto interdisciplinar nas materias de Matemáticas e LCL, investigando sobre 21 MULLERES MATEMÁTICAS para plasmar despois nos correspondentes documentos de audio (de entre 40 e 60 segundos) toda a información máis esencial que se debe saber para coñecer a cada unha delas.

A súa profesoara de Matemáticas, Xoana Alonso, facilitoulles este interesantísimo enlace ao arquivo elaborado polos seus compañeiros Alberto Fortes e Olalla Señoráns, para procurar información ao xeito, pero desde Bibliomalveiras consideramos que debemos compartir máis alá do obxecto deste proxecto

MULLERES MATEMÁTICAS-MULLERES NA CIENCIA

Ademáis, o produto final deste traballo quedará incorporado a este blog da biblioteca a modo de podcast na lapela de RADIO E TV.

Ainda que Bibliomalveiras xa colaborara antes noutros proxectos para visibilizar a contribución das mulleres ás ciencias promovendo concursos, instalando exposicións ou editando material impreso, esta será a primeira vez que o resultado do traballo se divulgue en audio a través deste blog.