OS DEREITOS DAS MULLERES
HISTORIA DUNHA LOITA SEN FIN
Bibliomalveiras en colaboración co grupo de traballo de Igualdade (integrado por parte do profesorado do instituto) elaborou un cartaz para ilustrar a conquista dos dereitos acadados polas mulleres en España ao longo do século XX e o que levamos do XXI.
A través de códigos QR pódese ir accedendo directamente á información aloxada nun espazo virtual.
No propio recurso electrónico só precisas clicar nos puntos amarelos para abrir as páxinas cos correspondentes documentos que conteñen textos, imaxes e vídeos.
Charla con Coral Piñeiro tras a proxección do documental sobre Mariví Villaverde
Enlace á noticia do acto no FARO DE VIGO
8 de marzo. Día das mulleres
Hai polo menos cinco mandamentos sociais, políticos e relixiosos cos que se somete ás mulleres, pero contra os que se rebelan moitísimas arredor do mundo aprendendo unhas das outras a desobecelos, aprendendo a desaprendelos:
Non protestarás.
Non gozarás.
Non existirás.
Non decidirás.
Non desagradarás.
Cinco mandamientos que (mal)educan a las mujeres | Planeta Futuro | EL PAÍS (elpais.com)