Archivo del sitio

Una botella en el mar de Gaza

http://www.youtube.com/watch?v=BzF0oTu1gLM 

ImageUna botella en el mar de Gaza (2011) é unha longametraxe de Thierry Binisti de produción franco-israelita que ofrece o punto de vista en positivo de dous xoves no medio do tremendo conflito eternizado entre xudeus e palestinos.

Tal Levine é unha moza xudía francesa de clase media que se instala en Israel coa súa familia e a quen lle custa asimilar a falta de normalidade da vida en Xerusalén. Trala experiencia dramática ao constatar a arbitrariedade dun atentado perpetrado por un terrorista palestino, escribe unha mensaxe dirixida a calquera palestino que se preste a entrar en contacto con ela a través do seu enderezo electrónico, co ánimo de empezar a comprender o por que de tal situación de odio, violencia e incomunicación. Como o seu irmán maior é soldado israelí, pídelle que aproveite para lanzar ao mar de Gaza a mensaxe que lle entrega dentro dunha botella. Ao pouco, uns rapaces palestinos atopan o recipiente e un deles, Naïm Al Fardjouki, inicia unha relación epistolar en secreto con Tal, firmando como Gazaman. Esta amizade definitivamente vai cambiar as súas vidas ben distintas entre sí.

A historia é fermosa e cruda á vez, suxerindo unha esperanza de felicidade cando menos a nivel individual. Os seus protagonistas preséntanse como personaxes dignos de ser amados cos que empatizamos ao momento. Conmove comprobar como se rebelan cada un ao seu xeito frente a un entorno tan sumamente hostil.

Ademáis esta película en versión orixinal permite practicar un pouco o francés.