Vídeo-lector@s para o confinamento

Ben, como estamos de vacacións de Semana Santa ou algo así, Pilar, a coordinadora do club de lectura TIRA DA PÁXINA e máis Miguel e Manuela que colaboran con ela, propuxemos unha actividade máis ben lúdica, algo festeira se queredes, e que resulte estimulante, ao alumnado dos diversos grupos a partir de 2º ESO .

Como sabedes, nestes estraños días de confinamento estanse a producir nas casas excelentes pezas. Así que aí lanzamos o noso propio reto, sabedores de que ninguén mellor que estes rapaces e rapazas do club de lectura para regalar un pouquiño de literatura á xente do instituto do Carril, ás nosas familias e amizades e ao mundo en xeral.

O proxecto consiste en que individualmente ou agrupándose como poidan e gusten, escollan un texto breve da tradición oral ou dalgunha escritora ou escritor coñecido ou mesmo anónimo e se graven en vídeo léndoo, recitándoo, rapeándoo, cantándoo ou contándoo ao seu xeito.

A condición básica é compartir o título do texto e máis a súa orixe, é dicir, quen o escribíu e onde se pode atopar (libro, disco, páxina web…)

As intervencións hanse facer en galego porque ese é o compromiso do club de lectura coa consellería, porque o instituto é da Xunta de Galicia e, sobre todo, porque a nosa lingua é o noso tesouro.

Iremos colgando o que se vaia producindo.

 

 

 

Publicado el 09/04/2020 en creación, videopoema, malveiradas, Novo do trinque, Uncategorized, vós y etiquetado en , , , , , , , . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. Rosa Gómez Cerdeira

    Braviiisimo aos videos das compoñentes ze tira da páxina!!! Unha aperta moi forte. Rosa Gómez cerdeira

Deja un comentario