Archivo del sitio

Ramón no Carril

 

Cartel Ramón

Coa mestría e a calidez á que nos ten afeit@s, Ramón enmarcou o contexto histórico, cultural e literario no que Carlos Casares produciu a súa obra literaria e xornalística ao longo de varias décadas da súa vida, arrancando na dictadura franquista e ata a súa morte.

Ademais, tróuxonos exemplares dos libros deste autor ao que se homenaxea neste ano e permitiu que leramos proxectados na pantalla anacos escollidos previamente por el.

Que sorte que tivemos de contar tamén esta vez coa xenerosidade e a valía de Ramón!

 

Anuncios

A charla-presentación do entroido 2016

Este ano o entroido colleunos co paso aínda a medio “descambiar” do nadal e case engulíu a efemérides do día da paz.

Este ano, coma sempre, foi Ramón quen se responsabilizou de preparar e dirixir a charla-presentación do entroido, en colaboración co equipo de dinamización lingüística.

O alumnado asistente era o do primeiro nivel da ESO.

Algúns coñecían ben a Ramón, pero non todo o mundo.

Algúns, moi poucas persoas, se cadra xa asistiran a outra charla distinta, pero semellante, o curso pasado.

Sen embargo, este ano a diferencia de “sempre”, Ramón acompañounos como profesoror emérito e así, coma sempre, honrounos coa súa maxistral presencia e sapiencia.

Graciñas, Ramón.

 

 

 

XOSÉ RAMÓN BREA

O 19 de novembro de 2015, Xosé Ramón Brea foi agasallado nun seu aniversario moi especial en Bibliomalveiras. Por certo, este fermoso nome foille dado por el mesmo á biblioteca do instituto do Carril.

 

Xusto cando lle restaba un mes para acceder a esa outra etapa “alegre” da vida (que iso é o que en sentido estricto ven significar xubilarse), o profesorado do seu departamento de Lingua e Literatura Galega, Susana -a profe de Música-, o equipo directivo do centro e un nutrido grupo do seu alumnado -de diferentes niveis- deste curso quixeron expresarlle os seus parabéns a través da conxugación fermosa de notas musicais e palabras escollidas (moitas eran de textos propios de Ramón).


Nin el… nin Tareixa… nin Pilar… nin Miguel, o mestre, esquecerán este día tan sentido.


Inesquecible tamén lles resultará esta data ás persoas que tan agarimosamente colaboraron nesta homenaxe ou asistiron a ela para tributar co seu afecto, en representación de toda a comunidade do noso centro (mesmo de quen pasaron por el e xa pisan outros chans das súas vidas, e por suposto de quen por aforo ou por horario lectivo non podían participar deste acto na biblioteca), a entrega coa que Ramón sempre nos agasallou desde que chegou en 1991 e ata rematar 2015.