Archivo del sitio

Nais contra a violencia de xénero

As nais da ANPA AS BRIÑAS, que así se chama a asociación das familias do noso instituto, propoñen que adiquemos apenas uns catro minutos a visionar este estupendo vídeo elaborado por Alicia Ródenas Sánchez, unha estudiante de Bacharelato do IES Diego de Siloé de Albacete, e presentado ao 7º Short Movies Festival.

Esta curta que xa foi reproducida unhas 300.000 veces e mesmo foi noticia dos informativos de televisión, non deixa indiferente a ninguén sexa cal sexa o seu sexo ou idade.

Por outra banda, merece a pena reparar en que non se precisan tantas excelencias tecnolóxicas cando sobra talento, entusiasmo e convicción.

Bravo, Alicia!

E gracias ás mamás pola súa suxestión.

Anuncios

Concursos contra a violencia de xénero

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín organiza o V Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2016, a través da Oficina de Igualdade, coa finalidade de incrementar a concienciación e sensibilidade da sociedade ante esta gran lacra social.

Tuits contra a violencia de xénero. Son mensaxes, lemas ou expresións de repulsa contra a violencia de xénero que se realizan a través da rede social twitter e a súa extensión máxima é de 140 caracteres.

Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada persoa poderá enviar un máximo de tres tuits. 2.

Os tuits que participen no concurso deberán incluír o hastag #lalinsenviolencia e facer mención a @eigualdad e un duplicado a @ConcellodeLalin

As bases están a disposición das persoas interesadas na Oficina de Igualdade e na web http://www.lalin. gal, pero nestes enlaces podedes consultalas.
O premio consistirá nunha Tablet Android 10” e un diploma acreditativo.

http://www.lalin.gal/files/PDF/D%C3%ADptico%20V%20Concurso%20de%20Tuits%20contra%20a%20violencia%20de%20x%C3%A9nero%202016.pdf

http://www.lalin.gal/files/PDF/Bases%20reguladoras%20do%20V%20Concurso%20de%20tuits%20contra%20a%20violencia%20de%20x%C3%A9nero%202016.pdf

http://www.lalin.gal/files/Extracto%20do%20V%20Concurso%20de%20tuits%20contra%20a%20violencia%20de%20x%C3%A9nero%202016.pdf

V CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tamén se convocou un concurso de cartas co mesmo obxecto, XIII Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” 2016, organizado polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade.

http://www.lalin.gal/files/PDF/Extracto%20do%20XIII%20Concurso%20de%20cartas%20Dillo%20a%20quen%20maltrata%202016.pdf

https://i1.wp.com/www.lalin.gal/files/imagecache/192x144/Imagen%20077.jpg

Educación para a Paz e a resolución de conflitos sen violencia.

 

 

paz 5 paz 0 paz 1

Como en anos anteriores, neste 2015 en Bibliomalveiras editamos un folleto suxerindo algúns libros e películas axeitados para tratar da Educación para a Paz e a resolución de conflitos sen violencia.

 

paz 4 paz 3

Folleto completo paz 2015

Recursos de Bibliomalveiras para Ed. para a Paz