Archivo del sitio

«Tira da páxina» con Miguel Hernández

Como o pasado 28 de marzo se cumprían os 75 anos da morte do poeta Miguel Hernández, no club de lectura «Tira da páxina» decidiron rendirlle unha homenaxe singular.

Por unha parte, realizaron unha súa versión dos moitos retratos que existen do poeta.

Miguel Hernández

Por outro lado, puxéronse a ler os seus poemas e escolleron versos para expoñelos sobre o retrato.

Miguel Hernández versos

Con esta iniciativa pretenden ademais reclamar a atención de cantas persoas circulamos polo vestíbulo, cara a biblioteca, cara a cafetería, cara o patio… cara á poesía de Miguel Hernández.