Archivo del sitio

O antes e mailo despois en BIBLIOMALVEIRAS.

Neste curso 2013-2014 que remata, Bibliomalveiras metamorfoseouse moitísimo e para ben.
A reforma física é exponencial, ¡salta á vista!, e conleva moitos outros cambios positivos no que atinxe a rutinas cotiás do centro. Pero aínda que cómpra un pequeno esforzo de observación e análise para aprecialos, isto é o importante, o que realmente se perseguía coa remodelación e optimización do noso espazo.

Velaí o antes e mailo despois.

Anque ben falado habería que precisar, porque aínda están pendentes de acomodarse as novas estanterías destinadas a dar abeiro ás enciclopedias.

Así pois, velaí o antes e mailo agora.

  • ANTES HABÍA ESTA SALA GRANDE E A OUTRA PEQUENA AILLADA POLO TABIQUE CON CRISTAI

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

  • E AGORA VAI QUEDANDO ASÍ:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios

BIBLIOMALVEIRAS reve arte pola parede.

O alumnado de 2º de Bacharelato da especialidade de Arte, baixo a supervisión do seu profesor Xosé Artiaga, está a acadar que aparezan unhas imaxes moi xeitosiñas na parede de Bibliomalveiras que dá ao corredor.

pared 1(1) pared 2

Van traballando aos poucos, pero xa toman forma moitas figuriñas e ademais xa lle colocaron as letras do seu nome á biblioteca.muralidando poesía balea mural

 

Para quen o teña a ben, dispuxeron unha superficie de papel onde se poden deixar por escrito os comentarios e impresións que suxire a súa obra colectiva.

balea mural Caneliña mural

Ás veces, a xente con talento precisa dun empuxonciño para dar o mellor de si. ¡Noraboa e grazas!

muralidando muralidando poesía

Romeiros do Alén

Pilar Conde lendo contos de Romeiros do Alén

O día no que celebramos o Samaín, Pilar Conde, profesora de Lingua e Literatura Galega, xuntou á rapazada de 1ºESO en bibliomalveiras para lerlles un fragmentos do libro Romeiros do Alén de Marcial Gondar.

Trátase de historias arredor da morte e dos mortos que contaban os nosos maiores ao pé da lareira. Podedes escoitar aquí algunha desas historias.

  1. Introducción
  2. Premonicións
  1.  Os velorios
  1. O enterro: o pranto
  2. Voltar da morte