Archivo del sitio

Aprendendo a cambiar o conto

Experiencia audiovisual sobre igualdade de xénero protagonizada por rapaces e rapazas de 3º da ESO do IES de Tomiño (Galiza). Ideada e dirixida por Marta Piñeiro a partir dunha iniciativa do Concello de Tomiño para o Día Internacional das Mulleres de 2014.

Anuncios

La duquesa

Georgiana xunto ao seu home, o duque de Devonshire

Este film de 2008, gañador dun Oscar ao mellor vestiario, amosa a vida das mulleres de alto rango na sociedades europeas do século XVIII, exemplificada na historia de Georgiana, duquesa de Devonshire. Esta estrela rutilante da sociedade inglesa da súa época estaba casada co home máis rico de Inglaterra.

A pesares de ter riqueza e recoñecemento social, Georgiana tivo unha vida matrimonial complicada e tortuosa. Un exemplo máis do que significa ser muller nunha sociedade machista. Non perdades esta película!

Lee el resto de esta entrada