Archivo del sitio

CONCURSO DE INVENTOS E INNOVACIÓNS

3ª SEMANA DA CIENCIA NO IES DO CARRIL

“MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ”

Do 26 ao 30 de novembro de 2018

CONCURSO DE INVENTOS E INNOVACIÓNS

BASES

Poderán presentarse inventos ou innovacións que poidan resolver calquera problema, mesmo algún problema ficticio ou gratuíto, ou prestar algún servizo para o cal a tecnoloxía aínda non evolucionou o suficiente. Por exemplo: un paraugas para can.

Valoraranse:

        • a orixinalidade,

        • o enxeño,

        • a presentación (calidade do resultado final e da estética),

        • a funcionalidade aplicada da proposta.

Todas as propostas presentadas quedarán en exposición durante a semana da ciencia que se celebrará na derradeira semana de novembro.

Participantes

Todo o alumnado do centro pode concursar individualmente, en parellas ou por equipos.

Categorías

1ª: alumnado de 1º, 2º e 3º ESO

2ª: alumnado de 4º ESO, Bacharelato e ciclo superior TSAAFD.

Modalidades

Haberá dúas modalidades:

  1. Debuxo

  2. Maqueta

Requisitos

As propostas presentadas deberán estar identificadas cun nome específico (por exemplo “paracanaugas”), ser absolutamente inéditas e han ser acompañadas dun esquema ilustrativo e/ou dun breve texto explicativo do seu funcionamento.

Prazo de presentación

A data límite será o luns 26 de novembro.

Premio único

A persoa ou persoas en quen recaia o premio recibirá

  1. un único cheque para consumir na cafetería do centro,

  2. un diploma,

  3. o nomeamento como persoa máis enxeñosa do ano

  4. e a publicación do invento ou innovación premiado na páxina web do centro e no blog da biblioteca.

Fallo do xurado

O xurado, constituído polo equipo docente da biblioteca, dará a coñecer o seu fallo o venres 30 de novembro.

Anuncios

INVENTOS E INVENTORAS

A propósito do concurso de inventos que con motivo da 3ª Semana da Ciencia está convocado, resulta oportuno lembrar que moitos dos inventos dos que nos servimos foron xerados por mentes femininas.

Proximamente inauguraremos unha pequena exposición de mulleres inventoras, pero polo de agora aí vai este vídeo

CONCURSO DE INVENTOS NA SEMANA DA CIENCIA

IMG_6388.jpg

IMG_6390.png

3ª SEMANA DA CIENCIA NO IES DO CARRIL

“MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ”

Do 26 ao 30 de novembro de 2018

CONCURSO DE INVENTOS E INNOVACIÓNS

BASES

Poderán presentarse inventos ou innovacións que poidan resolver calquera problema, mesmo algún problema ficticio ou gratuíto, ou prestar algún servizo para o cal a tecnoloxía aínda non evolucionou o suficiente. Por exemplo: un paraugas para can.

Valoraranse:

        • a orixinalidade,

        • o enxeño,

        • a presentación (calidade do resultado final e da estética),

        • a funcionalidade aplicada da proposta.

Todas as propostas presentadas quedarán en exposición durante a semana da ciencia que se celebrará na derradeira semana de novembro.

Participantes

Todo o alumnado do centro pode concursar individualmente, en parellas ou por equipos.

Categorías

1ª: alumnado de 1º, 2º e 3º ESO

2ª: alumnado de 4º ESO, Bacharelato e ciclo superior TSAAFD.

Modalidades

Haberá dúas modalidades:

  1. Debuxo

  2. Maqueta

Requisitos

As propostas presentadas deberán estar identificadas cun nome específico (por exemplo “paracanaugas”), ser absolutamente inéditas e han ser acompañadas dun esquema ilustrativo e/ou dun breve texto explicativo do seu funcionamento.

Por exemplo

PARAUGAS PARA CANS E CADELAS QUE LEVA INCORPORADA A CORREA DO ANIMAL.

Claro que este non serve porque xa está comercializado. Ollo, que ten que ser orixinal!