Archivo del sitio

HORA DE LER: cadro de quendas

Como en anos anteriores, establécese un horario de quendas de lectura semanal para os grupos de 1º ESO. A tal efecto, en cada aula existe unha CAIXA DE LER con recursos da biblioteca. E aínda que as quendas da HORA DE LER non se estenden aos grupos de 2º e 3º de ESO, nas súas aulas respectivas tamén haberán CAIXAS DE LER para botar man dos seus recursos nunha hora na que o profesorado o permita ou xusto para cando falte algún docente.HORA DE LER.jpg

hora-de-ler-horarios

Anuncios

HORA DE LER. CURSO 2014 – 2015

Como en cursos anteriores, o Centro acordou poñer en marcha a “HORA DE LER” especialmente en 1º e 2º da Educación Secundaria Obrigatoria pero que se pode facer extensiva ao resto da ESO. Esta actividade hase inscribir no marco do Plan Lector e ven sendo aplicada con éxito en moitos centros educativos de Galicia, tanto de Primaria como de Secundaria.

hora de ler 1

A “HORA DE LER” trata de potenciar e mellorar as actitudes fronte á lectura, posibilitando tempos reais para adquisición das habilidades lectoras, pero sen o sometemento á presión dunha avaliación. Garantízase a través dela que todo o alumnado teña a oportunidade de disfrutar dun tempo específico de lectura nun ambiente propicio (xa que se cadra non todo o mundo pode contar con esta situación óptima na casa).

Esta proposta consiste en adicar á lectura unha sesión lectiva semanal que irá variando no horario de xeito rotatorio, de tal forma que todo o alumnado e todo o profesorado que incide en cada grupo dedicará eses 50 minutos á lectura.

hora de ler 2 hora de ler 3

Imos comezar xa de inmediato e a tal efecto a Xefatura de estudios distribuirá uns cadros horarios segundo os cales quedarán establecidas as sesións destinadas especificamente á “HORA DE LER” no Primeiro ciclo da ESO, pero que se pode facer extensiva aos grupos de 3º e 4º. Nas aulas dos grupos dos dous primeiros niveles da ESO dispoñéranse unhas caixas de libros de Bibliomalveiras para que o alumnado poida facer uso deles.

HORA_DE_LER-QUENDAS