“Tira da Páxina” convida a ler no verán

A profesora Tareixa Escariz, coordinadora do club de lectura do noso centro, presenta as seguintes propostas de lectura, as mesmas que fixeron os membros de Tira da Páxina durante o curso:

 

Para o alumnado da ESO

 

La lección de Agust, de R J Palacios (tralas iniciais ocúltase, como no caso de Rowling, una autora, lectura que gustou moito e fixo reflexionar sobre as dificultades de ser diferente, visto dende a perspectiva de quen a sofre e de quen está do outro lado. Ao mesmo tempo permite poner en cuestión o papel da escola como normalizadora de situacións.

 

O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, en galego. Deste libro o máis atraínte é que trate temas de actualidade presentando protagonistas adolescentes con problemáticas próximas ás propias. Ao mesmo tempo ofrece a ocasión para pararse a pensar sobre os perigos das redes sociais.

 

Boy ( relatos de infancia), de Roald Dahl, esperta a curiosidade sobre a infancia en xeral, e sobre a biografía do autor en particular.

 

Historia de una gaviota y el gato que le enseñó a volar, de Luis Sepúlveda, é una noveliña deliciosa da que existe una versión de debuxos animados en cuxa produción traballou directamente o autor.

 

Ademais, estando tan recente o 75º aniversario de Miguel Hernández é a escusa perfecta para achegarse á súa poesía ou á súa biografía.

 

 

PARA O ALUMNADO DE MÁIS IDADE

 

La ladrona de libros, de Markus Zusak (en castelán). A historia está situada na segunda guerra mundial e propón moitas referencias á literatura e á lectura. O visionado da pelicula que dirixiu Percival, despois da lectura, anima a confrontar estes dous xeitos de contar a mesma historia.

 

Le Petit Prince, de Antoine de Saint Exupéry. Este clásico da literatura universal pódese ler na versión orixinal en francés ou ler a tradución ao galego de Carlos Casares.

 

O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Davila (en galego ) Este libro esperta moita curiosidade sobre Emma, invita a perderse dentro do concepto da ficción dentro da ficción.

 

La sonrisa etrusca, de Jose Luis Sampedro. Esta lectura abre ou nutre a curiosidade sobre o italiano e a realidade lingüística de Italia. Ademais, suscita o diálogo entre xeracións aparentemente moi distantes.

Anuncios

Publicado el 07/07/2017 en malveiradas, Uncategorized, vós y etiquetado en , , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s