MULLERES ARTISTAS E NON ARTISTAS EN PÉ E DE PÉ

Este mércores, derradeiro día de maio, quedou inaugurada a instalación plástica MULLERES ARTISTAS EN PÉ E DE PÉ, no contexto do MES DAS LETRAS e dentro do proxecto MULLERES ARTISTAS E NON ARTISTAS EN PÉ E DE PÉ que o centro presentou ao XI PREMIO DE IGUALDADE DE XÉNERO: BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA, convocado polo Concello de Vilagarcía de Arousa.

A instalación consiste nunhas tiras de cartón, simulando camiños de desenvolvemento e evolución, sobre as que van montadas as 60 fichas de mulleres artistas de diferentes disciplinas, nacionalidades e épocas históricas.

Confeccionaron as 56 fichas electrónicas o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes, o de 2º de Bacharelato de Ciencias e o de Música de 2º ESO.

Cada persoa encargouse dunha artista singular no seu ámbito, redactando un breve texto biográfico en galego, elixindo unha imaxe da artista e outra vencellada á súa obra, segundo un formato modelo establecido polo equipo de profesoras de Bibliomalveiras.

1º IMG_1699

No acto, tras unas palabras da directora, participou una representación de alumnas de 1º ESO que realizaron una sinxela performance ao ritmo da canción “You are simply the best”, interpretada por Tina Turner.

Cómpre ter en conta as moitas dificultades orixinadas pola tremenda avaría eléctrica que sufríu una boa parte do concello e que deixou ao centro sen suministro eléctrico desde as dez e pico da mañá.

Por iso, algo deslucido saíunos o acto segundo se proxectara, pero non se escatimou vontade nin ilusión.

Anuncios

Publicado el 31/05/2017 en malveiradas, Uncategorized, vós y etiquetado en , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s