MULLERES COMÚNS SINGULARES

Este martes, 16 de maio de 2017, de 4.30 h. a 18.10 h., xusto na víspera do Día das Letras Galegas, tivo lugar a actividade titulada “MULLERES   COMÚNS   SINGULARES” organizada en colaboración coa  ANPA  do centro.

E sucedeu algo marabilloso: o público entrou na biblioteca e ocupou as primeiras filas dez minutos antes do previsto.

O principal obxectivo deste acto, comprometido coa necesidade de traballar a prol da Igualdade de Xénero, era achegar ao alumnado de 1º ESO un conxunto de mulleres comúns da nosa contorna que se singularizan por desenvolver a súa actividade profesional con éxito en sectores aínda maioritariamente masculinizados.

IMG_1360

Elas presentáronse a si mesmas como referentes reais, valiosos e próximos ao alumnado, en especial ás rapazas, destacando que aínda segue a ser primordial que se visualice e valore a aportación social e económica das mulleres máis alá do ámbito familiar.

Pero, simultaneamente, cómpre resaltar o papel activo asumido polas nais da ANPA  “As Briñas” nesta actividade complementaria, enmarcada dentro do proxecto “MULLERES ARTISTAS E NON ARTISTAS EN PÉ E DE PÉ” coordinado desde a Biblioteca do centro e que foi presentado á convocatoria do “XI PREMIO DE IGUALDADE DE XÉNERO: BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA” do Concello de Vilagarcía de Arousa.

presentación Mulleres comúns singulares

Para o centro é un deber -e neste caso ademais, foi un pracer- empregar a biblioteca como un espazo aberto de encontro con persoas tan singulares e xenerosas que  actuaron como fontes de transmisión oral de coñecemento de aspectos tan relevantes da sociedade da nosa contorna.

IMG_1361

Texto da apertura do acto Mulleres comúns singulares

Trala apertura do acto a cargo da directora, rosa Gómez, o acto estivo conducido polas nais da asociación que foron introducindo ás relatoras:

  • Mª Carmen Roca López, Inspectora Principal, Xefa de Policía Local de Vilagarcía de Arousa. Foi a primeira xefa de policía local de España.
  • Paula Frieiro Dantas, Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos / Xefa de obra de COVSA.
  • Patricia García Cochón, condutora de autobús do transporte escolar do noso alumnado, unha das primeiras na provincia de Pontevedra.
  • Marta Felpeto, Xuíza Internacional de Piragüismo. Membro da directiva da Federación Internacional de Piragüismo e da Federación Europea (a primeira muller española en ser elixida).
  • Cristina Otero Gómez, Enxeñeira Superior Naval e Oceánica / Responsable de calidade e medio ambiente dun estaleiro .
  • Inma Otero Mouriño, Rita Vidal Mouriño, Guadalupe Jueguen Martínez “Pupe” e Bibiana da asociación de mariscadoras a pé da Confraría do Carril.

O alumnado demostrou gran interese e una participación moi activa e facendo preguntas moi axeitadas a cada unha das relatoras.

FullSizeRender.jpg

A todas estas estupendas mulleres que tan exitosa e xenerosamente fixeron posible este acto só cabe expresarlles: Graciñas, mil gracias! Foi todo un pracer. E ademais  tod@s aprendemos moitísimo.

Os xornais fixéronse eco do acto

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

Faro de Vigo.jpg

noticia no Faro de Vigo

Faro de Vigo

Diario de Arousa

Diario de Arousa, que no Día das Letras saíu en galego.

Anuncios

Publicado el 17/05/2017 en malveiradas, Uncategorized, vós y etiquetado en , , , , , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s