Voluntarias na biblioteca escolar

Neste ano académico 2015-2016 e por primeira vez, o IES do Carril “Miguel Ángel González Estévez” participa no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS na iniciativa denominada “Voluntariado na biblioteca escolar”.

Que o centro puidera participar neste programa débese a decisión altruísta dun pequeno grupo, pero estupendo, formado por tres colaboradoras que de forma voluntaria se comprometeron desde os primeiros meses do curso a colaborar nas tarefas da biblioteca.

As tres alumnas que colaboran como voluntarias dentro das actividades da programación anual de Bibliomalveiras (de acordo co proxecto integrado no PLAMBE), coordinadas polo equipo responsable da biblioteca son

  • Raquel Castro Domínguez, de 2º de Bacharelato de Humanidades.
  • Sara López Dios, de 2º de Bacharelato de Ciencias.
  • Loaira María Miguéns Pérez, de 2º ESO.

O equipo de docentes ao cargo de Bibliomalveiras propuxémoslles desde o inicio a estas tres mozas unha serie de actividades de apoio na xestión, organización, promoción e dinamización da biblioteca; así como outras encamiñadas a axudar entre iguais ao alumnado na formación de usuari@s. A súa labor vense desenvolvendo durante os recreos, que son os tempos nos que a biblioteca se abre para todo o alumnado do centro. Neste espazo conviven quen acode ao servizo de préstamo, quen vai estudar ou realizar traballos propostos nas clases, quen vai xogar o xadrez, quen asiste ás xuntanzas do club de lectura, quen precisa conectarse a internet ou usar os ordenadores para preparar traballos en equipo…

Felizmente estamos a comprobar ao longo de todos estes meses como elas contribúen coa súa presenza empática e co seu traballo proactivo a que a nosa biblioteca sexa un espazo máis compartido, de convivencia leda e de aprendizaxe inter pares.

E ben tristes, aínda que agradecidísimas, que nos imos poñendo as profesoras da biblioteca, porque as dúas das voluntarias do Bacharelato rematan o curso en maio. Ímolas botar moito en falta xa mesmo!

Por outra banda, cómpre recoñecer que fomos moi ambiciosas tanto as alumnas como as profesoras do equipo de Bibliomalveiras á hora de trazármonos obxectivos, pois tendo en conta que exclusivamente se podían levar a cabo durante os dous recreos diarios (de 15 e 20 minutos respectivamente e ás veces sorteando imprevistos varios) bastante demos acadado. Ademais, unha parte inicial do período da súa colaboración foi destinado á aprendizaxe de certas técnicas e rutinas que, sendo ellas as tres alumnas sobresaíntes, pronto asimilan.

Anuncios

Publicado el 10/05/2016 en malveiradas, Uncategorized, vós y etiquetado en , , , , . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. Grazas polo voso traballo altruísta, rapazas! Bibliomalveiras foi máis bonita convosco este curso!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s