Club de lectura

Este curso retomamos con forza os encontros do Club de Lectura “Tira da páxina”.

Maneki-Neko

O primeiro chamamento foi un éxito e o gatiño da sorte chinés tróuxonos unha recua de lectoras e lectores interesados en continuar ou incorporarse a este noso selecto club.

Formáronse dous grupos: un integrado por alumnado de 1º e 2º de ESO e outro por alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

O primeiro grupo estase a reunir os martes no 2º recreo no rinconciño de honor da biblioteca e xa anda mergullado na primeira parte da saga d’ O mundo secreto de Basilius Hoffman, O ladrón de soños, de Fernando Cimadevila. Vamos, aventuras a esgalla!

basilius

O segundo grupo decidiu reunirse periodicamente os martes ao mediodía para compartir un libro de cada vez. A primeira xuntanza terá lugar o martes 15 de decembro, xusto antes das vacacións de Nadal. A obra escollida foi Fahrenheit 451, de Ray Bradbury. Todo un clásico da ciencia ficción!

fahrenheit

Así que nestes mares andamos navegar novamente. Que gustiño de corrente…

Anuncios

Publicado el 03/12/2015 en Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s