SEMANAS NEGRAS

O MES DAS LETRAS deste ano (que arranca na semana do libro e remata na das Letras Galegas), aproveitando a efemérides do 125° aniversario do nacemento de Agatha Crhistie, preséntase baixo o lema “Semanas negras” e vai xirar arredor dos relatos policíacos.

libto agatha

Este martes 21 de abril ás 12.55 h. todo o alumnado de 1° de Bacharelato disfrutou na biblioteca dunha sesión de contacontos protagonizada por por Cándido Pazó, dramaturgo, actor e escenógrafo que destaca máis alá da súa acreditada faceta teatral por colaborar en guións de cine e de series da TVG -como Mareas vivas, Pratos combinados, Terras de Miranda ou Libro de familia, entre moitos outros títulos-. Antes, o grupo de alumnas de Artes Escénicas, de 2° de Bacharelato, xunto coa súa profesora participarán dunha clase maxistral centrada nas cuestións técnicas da posta en escea da obra A Piragua, escrita e dirixida para o Centro Dramático Galego por este artista. piragua

pazo prensa

A partir do xoves, día do libro, poñeranse en marcha varios actos, variadas actividades e concursos con premios seguros e inmediatos para todos os participantes. De entrada, iremos inspirándonos no libro A body in the library,  de Agatha Christie, porque nos ven ao pelo.     cadaver_biblio ftp://77.226.106.165/pub/Tecano/Libros%20de%20LLR/Libros%20C-E/Christie,%20Agatha/UN%20CADAVER%20EN%20LA%20BIBLIOTECA/UN%20CADAVER%20EN%20LA%20BIBLIOTECA%20-%20Agatha%20Christie.pdf     190px-Agatha_Christie_as_a_child_No_1Agatha2 agatha agatha1agathavella Agatha Christie naceu en Inglaterra en 1890. Foi a pequena de tres irmáns dunha típica familia feliz británica ata que, aos seus once anos, morreu o seu pai e debeu enfrentar unha situación económica moi complicada. De nena tivo un carácter tímido e retraído, rexeitaba os seus bonecos para xogar con amigos imaxinarios. Isto, xunto co ánimo da súa nai que exercía como mestra dela, axudouna moito para o seu traballo futuro como escritora. Agatha Christie a pesar de que foi criada baixo os ríxidos costumes vitorianos da época resultou ser unha muller que gozou plenamente da vida. Casou por primeira vez aos 24 anos durante a Primeira Guerra Mundial, cun piloto de aviación, Archie Christie, de quen tomou o apelido e con quen tivo á súa única filla, Rosalind. Durante a Guerra Mundial traballou como enfermeira voluntaria nun hospital e un día ocorréuselle escribir unha historia policial na que a vítima morría envelenada. A novela en cuestión foi The mysterious affair at Styles, con Hércules Poirot como protagonista. Ao rematala presentouna á editorial Hodder and Stoughton que a rexeitaron de inmediato. Malia iso, axiña chama ás portas da editorial The Bodley Head. Ao cabo case de dous anos, en 1920, despois de facerlle modificar o capítulo final, publicáronlle o seu primeiro libro, do que se venderon arredor de 2000 exemplares, anque o máis importante foi que o xornal The Weekly Times comprou o manuscrito para publicalo por entregas. Agatha, que en realidade non pensaba adicarse á literatura, veuse animada pola súa nai a escribir un segundo libro para capear os problemas económicos e xa nunca deixaría de facelo. Tamén escribíu unha autobiografía ao longo de quince anos, grazas á cal douse a coñecer ela mesma, o que ten mérito sendo unha persoa moi celosa da súa intimidade. Con todo, hai unha parte da súa vida ben escura da que nunca lle apeteceu falar e que sucedeu ao morrer a súa nai, xusto cando o seu marido lle pedíu o divorcio para irse coa súa secretaria. Ambos feitos producíronlle unha gran crise nerviosa que lle provocou amnesia. E así, unha noite de decembro de 1926, aos 36 anos, apareceu o seu coche abandonado preto da estrada, sen ningún rastro dela. Tal suceso desencadenou un monte de especulacións, ata se pensou que fora unha estatexia para darse publicidade a si mesma. Once días despois sóubose do seu paradeiro nun hotel da praia onde se rexistrara co apelido da amante do seu marido, xa que esquecera o seu propio, e mesmo recorrera a publicar unha carta nun xornal para ver se alguén a recoñecía; pero como asinou co apelido alleo, ninguén o fixo. Finalmente foi atopada pola súa familia e poido recuperarse tras seguir un tratamento psiquiátrico. Tralo divorcio, e coa súa filla interna nun colexio, Agatha demostrou moita valentía viaxando soa naquela época no Orient Express con destino a Bagdag. Esta experiencia servíulle de inspiración para a súa novela Murder on the Orient Express. E ademais ía ser nesta viaxe onde coñecería a Max Mallowan, un arqueólogo quince anos máis novo ca ela -quen daquela xa tiña 40-, e con quen casaría a pesar das críticas. Desde entón, viviu entre Oriente Medio e Inglaterra, felizmente casada ata o final dos seus días. En 1971 concedéronlle o título de Dama do Imperio Británico en recoñecemento da súa obra. Morreu aos 85 anos, en 1976. O seu home finou dous anos máis tarde. PERSONAXES PRINCIPAIS DAS SÚAS OBRAS. Hércules Poirot. Aparece xa na primeira novela de Agatha Christie. Poirot é un oficial de policía xubilado de orixe belga, cunha grande opinión de si mesmo, que se caracteriza polo seu bigote e a súa cara ovalada. Xunto co capitán Hastings, o inspector Japp, Felicity Lemon e Ariadne Oliver, e axudado polas súas “pequenas células grises”, Poirot protagoniza máis de trinta novelas e narracións curtas, converténdose nun dos personaxes máis populares da escritora. Miss Jane Marple. A Señorita Marple aparece por primeira vez no libro Murder at the Vicarage (1930). Xa entón era algo maior, non obstante protagoniza os libros de Christie ata o ano 1979. É unha solteirona inglesa, que vive na aldea de Saint Mary Mead, e aínda que non é detective sempre ten éxito onde a policía falla, usando o seu instinto e mailo seu coñecemento da natureza humana en vez de usar a lupa para buscar pistas. Capitán Hastings. Acompaña a Poirot en once libros, dende o primeiro ata Curtain. Ven sendo como o Doctor Watson para o detective Sherlock Holmes. Inspector Japp. Aparece xunto con Poirot no primeiro libro da escritora. A súa amizade co detective remóntase a 1904, cando Poirot traballaba para a policía belga e Japp para Scotland Yard. A pesar dos seus diferentes métodos para solucionar os crimes, son bos amigos. Felicity Lemon. Traballa como secretaria privada do detective Parker Pyne antes de traballar para Poirot. Aparece en seis historias curtas e catro novelas. A súa aparición é curta e non ten significado nas historias, agás en Hickory Dickory Dock. Ariadne Oliver. Ariadne Oliver é un personaxe moi interesante para os seguidores de Agatha Christie, pois comparte algunhas características e hábitos da escritora porque este personaxe tamén é escritora. O seu máximo protagonismo teno no libro The Pale Horse. Coronel Johnny Race. É un axente do Servizo Secreto que aparece por primeira vez en The Man in the Brown Suit. Parker Pyne. É un detective privado, máis realista que Poirot, que aparece por primeira vez no libro Parker Pyne Investigates (1933). Para captar clientes anunciábase en The Times co seguinte anuncio: “Are you happy? If not, consult Mr. Parker Pyne, 17 Richmond Street”. Superintendente Battle. Traballa en Scotland Yard. Aparece por primeira vez en The Secret of Chimneys, e noutras catro novelas máis. Inspector Craddock. É o sobriño e afillado de sir Henry Clithering, o anterior comisionado de Scotland Yard, que tiña un especial respecto polo talento de Miss Jane Marple. Tommy e Tuppence Beresford. Secret Adversary, a segunda novela de A. Christie introduciu un par de mozos aventureiros, no paro despois de traballar nas Forzas Armadas. O mellor libro desta parella foi sen dúbida Partners in Crime, no cal son parodiados algúns personaxes creados por outros escritores de detectives, e mesmo a escritora se parodia a si mesma. T & T aparecen por última vez en Poster of Fate. Fonte: agathachristie@dial.pipex.com PO Box 2749 London W1A 5DS. England http://alcazaba.unex.es/~rbarraga/aga1.html

Anuncios

Publicado el 21/04/2015 en malveiradas y etiquetado en , , , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s