Club de lectura: O señor Ibrahim e as flores do Corán

O martes 14 de abril o club de lectura das maiores reuniuse novamente, esta vez arredor de Momo, o señor Ibrahim e as flores do seu Corán.

O señor Ibrahim e as flores do Corán foi a lectura elexida desta volta e responde ás nosas preferencias deste curso: pequeniniña e deliciosa.

Escrita polo francés Eric-Emmanuele Schmitt e publicada por vez primeira en 2001, narra a relación entre un neno xudeu, Momo, e o tendeiro musulmán do seu barrio, o señor Ibrahim. Momo é un rapaz que anda algo perdido na vida, abandoado pola súa nai e cun pai que non se ocupa del, busca cariño nas prostitutas da rúa Azul (que non é azul) e atopa no señor Ibrahim un amigo que mira por el e lle aprende moitas cousas importantes da vida, como o valor da amizade, os beneficios dos sorrisos, a emoción da beleza ou a verdadeira esencia da familia. (Ah, por certo, a novela foi adaptada ao cine en 2003 e tamén tedes o filme en Bibliomalveiras á vosa disposición).

No libro, e en pouco máis de 60 páxinas, temos algo así como un espello de príncipes, un tratado para a vida do que saen moitas pólas que nos deixan fondas reflexións sobre a familia, as crenzas, a amizade, a violencia, a beleza, as clases sociais, os prexuízos, o silencio, a viaxe, a morte ou o crecemento.

Sentadas na herba que rodea o noso centro, cos nosos bocatas e ensaladas, nun improvisado e bendito xantar campestre, foron saíndo diferentes aspectos do libro que deron pé a compartir e confrontar opinións, como por exemplo, o abandono da nai de Momo: Pode haber algunha razón que xustifique o abandono dun fillo? O que foi un non rotundo e apaixoado para unhas, foi fonte de dilema para outras.

Trasladamos a conversa á terraza do Esmorga, e alí fronte á ría, concordamos co eloxio á lentitude que fai o señor Ibrahim nun tempo de présas, exames e esixencias que nos abafan a todas.

E tamén desexamos xirar, xirar como os dervixes turcos para atopar o noso centro e liberarnos de todo odio.

Foi un encontro de primavera, de camisetas, pic-nic na herba e mar de Carril. E de palabras e complicidade. Mmmm, que ben nos sentou a todas.

DSC_0039

Anuncios

Publicado el 20/04/2015 en Uncategorized y etiquetado en . Guarda el enlace permanente. 2 comentarios.

  1. ¡Siempre es un placer! Espero repetir 😀

  2. Unha de fin de curso haberá que facer, unha na que non haxa tempo 😉

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s