MARZO EN FEMININO SINGULAR

O 8 de marzo de 1908, moitísimas mulleres estadounidenses feministas de ideoloxía socialista realizaron marchas por todo o seu país para reivindicaren o dereito ao voto, melloras laborais para as traballadoras e protestando pola explotación infantil. Nos anos sucesivos repetiríase esta xornada a finais de febreiro, quedando así instituído o Día da muller nos EE.UU.
A partir desta iniciativa, estendeuse esta proposta reivindicativa a Europa, celebrándose o primeiro Día Internacional da Muller en 1911. En marzo dese mesmo ano, perderon a vida 146 obreiras (en boa parte inmigrantes) nun incendio por reclamar condicións laborais dignas na fábrica de camisetas de Nova York na que estaban contratadas.

220px-Image_of_Triangle_Shirtwaist_Factory_fire_on_March_25_-_1911
Pero ata 1977 esta efemérides, vencellada nun principio ás ideoloxía socialista e comunista, non acadou categoría mundial. Daquela, a Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.
Na actualidade, en pleno século XXI e mesmo nos países adiantados coma o noso, cómpre ter en conta todavía o moito que resta facer ata acadar a equiparación real entre homes e mulleres.
De feito, a pesar dos dereitos recoñecidos na lexislación laboral española, as mulleres traballadoras adoitan cobrar menor salario nas mesmas condicións de emprego cos homes.
E porque as mulleres, que suman máis da metade da poboación, paren, amamantan, crían, coidan, cociñan, acompañan, acariñan, realizan moitísimas tarefas domésticas… ás veces téndese a esquecer que tamén gobernan, constrúen edificios, operan, escriben, negocian, compoñen música, dirixen e producen películas, xulgan, contratan, pilotan, crean empresas…
Bibliomalveiras e Caneliña, en feminino singular, compácense en vos ofrecer algúns modelos de mulleres emprendedoras e creativas:

SALLY HEATHCOTE. SUFRAGISTA

 

http://www.picturetrail.com/sfx/album/slideshow/24315063

 

 

Anuncios

Publicado el 03/03/2015 en cinema, malveiradas y etiquetado en . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s