Club de lectura: outro curso máis, tiramos da páxima

Aquí estamos outra vez! O club de lectura “Tira da páxina” ponse en marcha de novo! Os seus membros saen agochados de todos os currunchos do instituto e deslizándose polos corredores petan na porta de Bibliomalveiras.

20141016_111853Os grupos xa existentes continúan. A profe Clara xa se está a reunir co grupo de 3º e 4º da ESO, que este curso medrou e conta con dúas novas incorporacións. Benvidos! Estanse a preparar para ler O bosque dos raposos aforcados, do nórdico Arto Passilina.

20141016_111929O grupo das maiores tamén creceu, non soamente en membros senón tamén en idade e agora a maioría están en 2º de Bacharelato. Como este curso halles dar bastante traballo, cambiaremos as reunións semanais por reunións periódicas no trimestre. O primeiro libro que imos cociñar será Enderezo descoñecido, de Kressman Taylor.

20141016_111904E a outra sorpresa bonita deste inicio chegou das mans dos rapaces e rapazas de 1º ESO, xa que foron trece os que o pasado venres acudiron coas súas invitacións á biblioteca para interesarse polo funcionamento do club de lectura. Que ledicia! Canta expectación e inocencia! O vindeiro venres empezaremos cun conto e pronto pasaremos á novela As bruxas, de Roald Dahl.

20141016_111921O club de lectura “Tira da páxina” naceu no curso 2008-2009 e a primeira promoción de lectores, algúns deses rapaciños que empezaron con nós en 1º ESO veñen de rematar os seus estudios de secundaria e xa están este curso na universidade tirando doutras páxinas.

Queredes formar parte desta historia?

Anuncios

Publicado el 19/10/2014 en Uncategorized y etiquetado en . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. bibliomalveiras2

    Dá gusto ver como, desde a primeira semana do curso, alumnas e alumnos demandaban o reinicio das sesións de TIRA DA PÁXINA.
    E logo na tele pensan e din que a xente xoven nin le, nin se interesa pola literatura nin é quen de concentrarse máis alá dun minuto e medio. Que falabaratos!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s