NA HONRA DAS NOSAS LETRAS

la foto 1(8) la foto 2(9)

 

Neste ano 2014, no MES DAS LETRAS que vimos celebrando desde o 23 de abril ata pasar o 17 de maio centrámonos na nas figuras de Helena Poniatowska, Gabriel García Márquez e agora toca honrar a

Xosé María Díaz Castro

 

la foto 2(10)

O EDL organizou diferentes actos, algúns deles en bibliomalveiras

la foto(25)

De modo moi especial, deleitámonos coa súa peza “PENÉLOPE”

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/10/penlope.html

 

la foto 1(7) la foto 2(8) la foto 3(6) la foto 4(6) la foto 5(2)

la foto 2(7) la foto 3(5) la foto 4(5)

E ademais, o alumnado de PDC DE 4º ESO botouse a facer  fermosos caligtramas

la foto 5(4)

la foto 2(11)la foto 3(7)  la foto 4(7) la foto 4(9) la foto 5(3)la foto 4(10)

la foto 2(14) la foto 3(9)

Biografía de Xosé María Díaz Castro

“Lémbrome ben de que, na miña época de estadía en Mondoñedo, dirixín unha revista absolutamente manuscrita, feita por estudantes”. O poeta falaba tamén de que compuxo, nesa época, dous cadernos: Follas verdes e Follas ao vento. En 1931 publicou, en El Progreso Vilalbés, o primeiro texto en galego, Lembranzas e sospiros. Posteriormente, en carta a Fernández del Riego (14 de maio de 1959) dirá que “casi todo se ha perdido”, en referencia á súa obra anterior.

En 1936 deixou o Seminario ao ser chamado para incorporarse ao exército. Logo dunha breve estadía na fronte de Asturias, é destinado ao Hospital Militar de Pontevedra. Rematada a Guerra Civil, 1939, volveu a Mondoñedo. Transcorridos uns meses abandonou definitivamente o Seminario e contactou co seu amigo Aquilino Iglesia Alvariño, que dirixía daquela o Colexio León XIII, en Vilagarcía de Arousa. Díaz Castro incorporouse a aquel centro escolar onde impartiu clases ata a súa marcha a Madrid.

Nos Xogos Florais de Betanzos, 1946, acadou a frol natural ao mellor poema en castelán coa composición El cántico de la ciudad, 112 versos, e o premio á mellor poesía en galego con Nascida d’un soño, tríptico de sonetos, publicados ambos e dous no Anuario Brigantino, en 1948 e 1951, respectivamente.

Cursa estudos de Filosofía e Letras e trasládase a Madrid, 1948. O seu dominio dunha boa parte das linguas europeas permítelle entrar a traballar como tradutor no Ministerio del Interior e, logo, no Instituto de Estudios Hispánicos. Nos anos sesenta, trasládase ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas, encargándose do servizo de traducións do Instituto Científico y Técnico Juan de la Cierva, concretamente no Centro Experimental del Frío, onde acadará a súa xubilación.

Dende Madrid colaborou coa revista Alba, dirixida, en Vigo, por Ramón González Alegre. En 1955 aparecen, no tomo IV da Escolma de Fernández del Riego, poemas seus en galego que recollerá en Nimbos. En 1961, o 5 de xullo, sae do prelo da editorial Galaxia Nimbos, a súa obra cimeira. O libro foi saudado e loado por Ricardo Carballo Calero, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e outras voces autorizadas.

Díaz Castro retornou a Galicia en 1982, vivindo en Guitiriz co seu irmán Serafín e frecuentando a amizade de Alfonso Blanco Torrado, autor de Ascensión dun poeta (1955), ensaio merecente do IX Premio Ánxel Fole. Nesta etapa da súa vida, o poeta coñeceu e tratou algúns escritores galegos e colaborou con Dorna, publicando poemas e traducións en varios números da revista. Segundo el mesmo manifestou, en repetidas ocasións, a súa acollida por parte de Dorna, serviulle de “estímulo para retomar o hábito, para volver á poesía”. Por iniciativa dos seus amigos Luís González Tosar, coordinador daquela de Dorna, e Alfonso Blanco Torrado, a Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, en novembro de 1987, dedicoulle o volume Homenaxe a X. M. Díaz Castro. Cómpre destacar, así mesmo, que o d’Os Vilares foi importante tradutor, ao galego e ao castelán, de autores como Lamartine, Chesterton, Yeats, Whitman, Rilke… e que se ocupou tamén da crítica e do ensaio en revistas e xornais especializados como La Estafeta Literaria e Ínsula.

Finou en Lugo o 6 de outubro de 1990 e foi soterrado en Guitiriz. Deixou inéditos, en castelán, o poemario Sombras radiantes e unha longa composición, Melodía.”

Texto de Luís González Tosar

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

Anuncios

Publicado el 14/05/2014 en malveiradas, vós y etiquetado en , , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s