Excursión do club de lectura

Outro ano máis, o club de lectura “Tira da páxina” marchou de excursión. E outro ano máis, o lugar elixido foi a boa vila de Pontevedra.

Todos os membros do club apuntáronse á saída, así que Antón, Sara, Andrea, Alexandre, Afra, Sabela, Saray, Carolina e Olesya, xunto coas profes Clara e Ana, colleron o tren de mañanciña dispostos a desfrutar dun día de paseo e sol, de arte e librosImagen.

Coñecedes a Illa das Esculturas? Esa foi a nosa primeira parada e alí botamos un bo tempiño. A Illa das Esculturas ou a Illa do Cobo é un parque xunto ao Lérez, na Xunqueira, onde en 1999 foi inaugurado un proxecto de intervención artística na natureza. Neste lugar de lecer podemos contemplar doce esculturas de artistas de renome mundial. Todas as obras son de pedra, a pedra e o camiño son a base do proxecto. Esculturas que nos invitan a pensar na distancia entre a terra e o ceo, a introducirnos nun labirinto, a suspirar de amor, a contemplar as formas básicas, a facer camiño, a descansar nunha batea ou a reflexionar sobre a deforestación. O espazo é fermoso, mais non está todo o coidado e limpo que debería; tamén falamos diso: que mágoa que os proxectos poidan verse afectados negativamente polo descuido e falta de civismo.

E polo río, os cisnes. Fermosa familia con crías que nos fixeron exclamar e emocionarnos.

Imagen

Xa na cidade, tempo para café e chuches. E logo, cara a Libraría Paz. Botóusenos o tempo enriba e chegamos cando estaban a piques de pechar, como somos! Aínda así, deunos tempo de curiosear nas súas interesantes propostas. A sección comiqueira do club, como sempre, alucinou coas estanterías cheas de manga (paraíso xaponés). Ás maiores interesoulles máis a novela, a poesía ou o ensaio. Fixemos unha compriña para a biblioteca nuns minutos (somos unhas máquinas) na que houbo un pouco de todo: cómic, novela e poesía. Para a próxima, teremos moi en conta a invitación dos encargados de avisalos da visita para que poidan argallar algo para os rapaces, moitas grazas!

Imagen

As reunións do club seguen adiante, mais esta excursión anúncianos a chegada do verán. Máis tempo para ler e desfrutar!

Grazas a todos os membros polo seu entusiasmo e ledicia. Facer actividades con vós é un auténtico pracer!

Anuncios

Publicado el 13/05/2014 en Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. 2 comentarios.

  1. bibliomalveiras2

    Que sana envexa por formardes un grupo tan xeitosiño e pola vosa saída. Aproveitaremos as propostas tan fantásticas que nos ofrecedes: visitar unha cidade tan fermosa -da que se cadra descoñecemos feitizos, porque ao tela a tan poucos quilómetros non a sabemos apreciar- e viaxar en tren sempre lembrando que o primeiro ferrocarril de Galicia comunicaba O Carril con Compostela. Saudiños.

  2. un pracer igualmente!!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s