RAUL SANTAMARIA CASTRO.- 4º A ESO

 

CONSERVAS MALVEIRAS
CARRIL
Raúl Santamaría Castro 4º A

Este traballo realizase sobre a conserveira MALVEIRAS, chamada coloquialmente a de PECHICOQUES, situada no lugar de Carril, a beira do mar, preto dos viveiros de ameixa e berberecho. Aínda que segundo as miñas fontes fundamentalmente traballábase a conserva de sardiña e mexillón.
As primeiras información das que teño referencias son de que comezou a traballar mais ou menos nos anos 50, traballando fundamentalmente mexillón, sardiña e xouba.
A man de obra fundamentalmente estaba composta por mulleres (o cal é aínda nestes tempos así na conserva actual), buscábanse sobre todo de Carril e da redonda.
Esta conserveira era coñecida popularmente como a de Pichicoques, aínda que o seu nome oficial era Malveiras e os seus donos os Rivas.

malveiras

Esta foto que esta sacada a principios dos anos 1960 vemos que a fábrica estaba engalanada para celebrar o Día do Carme. Os barcos nese día remataban a procesión na fábrica, que vestía a primeira nave imitando os viveiros e na última tiña un altar a onde se levaba a Virxe e se rezaba.
Segundo as miñas informacións e como se poderá observar na foto da actualidade, a fábrica non cambiou moito dende o principio ate o de agora.

actual

As diferencias entre una foto e outra son básicamente as do paso inexorable do tempo. Hai unha estrada nova e máis grande, non está situada no Día do Carme, e na actualidade esta fábrica non está en funcionamento máis ben parece ser un almacen para gardar aparello ou outras ferramentas de traballo.
Pola información recabada entre a miña familia na súa mocidade Carril era un pobo con moitas fábricas de todo tipo fundicións, madeireiras, conserveiras, etc. Mesmo parece que había máis industria que en Vilagarcía mesmo. Agora en Carril a súa actividade principal a máis dos viveiros é a hostelería e vive moito do turismo, que me conste só hai unha conserveira actualmente que é a dos Peperetes.

Anuncios

Publicado el 06/05/2014 en O Carril y etiquetado en . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s