Cristina Cao Romero, Sara Diz Rodríguez e Alba Gándara Vivel

O Balneario da praia Compostela

Balneario antiguo-1

Este Balneario estaba considerado un dos mellores negocios de hostalería da Ría de Arousa, a xente recórdao moito como o lugar onde se celebraban festas e guateques con motivo das festas de Santo Tomás de Aquino, organizadas polo León XIII e o Instituto Calvo Sotelo (o actual Castro Alobre), e onde normalmente a xente desta zona se casaban e moitos celebraban a súa lúa de mel. Os domingos actuaba unha orquesta moi famosa daquela, os Manso & his boys. Pasou polas mans de varios rexentes, os máis sonados foron Gutiérrez, Tucho (estes dous os primeiros en explotar o Balneario) e Túñez.
A súa época de éxito foi entre os anos 1976 e 1980. Nestes tempos visitaba o Balneario e tamén Vilagarcía xente moi importante. Recórdase sempre cheo de xente, nunca había habitacions libres. Para entrar precisabas unha invitación dos organizadores e logo pagabas ti pola túa conta as consumicións. Según un veciño de Carril chamado Xulio, di que: “cando empezou non había “discotecas” en Vilagarcía, facíanse no Balneario os guateques e senón bailábase no Rosalía ou no Entroido e no verán, nas verbenas da rúa.
A outra cara da moeda dá a coñecer unha parte totalmente contraria da que algúns veciños e cidadáns recordan. Existe unha lenda urbana que di que unha maldición facía que todos os propietarios acabaran arruinados e deixando o lugar. En moitos casos falábase de que moitos familiares dos donos morrían por causas descoñecidas. Isto podería explicar a cantidade de rexentes que tivo o Balneario

Baixo o Balneario
Era a zona da praia onde se xuntaba no verán a xuventude nos anos 70, o mozo de lentes é Benjamin Rey. O que está coa camiseta de rayas é Fernando Franco, neto do Sr. Domingo que alquilaba os toldos é as tumbonas.
Balneario actual
A xente espera o remate do mal estado e decaemento que sofre actualmente un sitio tan carismático e emblemático.

Anuncios

Publicado el 06/05/2014 en O Carril y etiquetado en . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. Que interesante historia a do balneario e ademáis con lenda urbana incluída…fantástico! É certo, verdadeiramente é unha mágoa ver un edificio tan fermoso fechado. Por aportar unha idea, o Concello podería facerse cargo del e montar, por exemplo, un centro cívico. Parabéns, rapazas!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s