En “Bibliomalveiras” estamos en obras.

Image

A comezos de decembro de 2013 botouse abaixo o tabique interior que dividía a nosa biblioteca en dúas salas para recuperar un único espazo máis diáfano e versátil.

Image

Como nos primeiros anos da historia do instituto a colección da biblioteca contaba con moitos menos fondos que os case dez mil que temos na actualidade, é comprensible que se estimara dividir o espazo para obter unha sala-almacén. Por outra parte, ao non existir no centro unha aula de usos múltiples nin un salón de actos, mesmo para certas actividades programadas por “Bibliomalveiras” víñase facendo preciso devolverlle á biblioteca a súa superficie orixinal.

Image

Aínda que a obra propiamente realizouse aproveitando a ponte da Constitución e en ningún caso houbo que suspender o servicio de préstamo, sí que se deixou e deixa sentir esta mudanza porque houbo que mover e remover unha parte importante do mobiliario e máis da colección.

A día de hoxe xa tan só resta (¡tan so!, por dicir algo) seleccionar que fondos deben ser expurgados e dalos de baixa, por unha banda, e que material non debe permanecer na biblioteca buscándolle novo destino.

Image

Polo que atinxe ao expurgo, como noutras ocasións, neste mes de xaneiro de 2014 instalouse un posto de libros no vestíbulo para que as persoas que o estimaran conveniente adoptaran para si algúns. De entrada, puxéronse ao dispor de profes, alumnado e persoal non docente os libros de texto descatalogados e nesta terceira semana xa se ofrecen outro tipo de recursos.

Image

No tocante á disposición definitiva tanto da colección como do mobiliario, fai falta algo máis de paciencia porque estes non son traballos para ir ás carreiras e aínda que traballemos con axilidade é cousa que consume tempo, moito tempo.

Anuncios

Publicado el 24/01/2014 en malveiradas, Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s