18 comidas

Esta película de 2010 está dirixida por Jorge Coira, amigo persoal desde hai moitos anos de Luis Tosar e Pico, actores que (entre outros moitos galegos e non galegos) aparecen no reparto. Ao director nótaselle o dominio técnico na confección do guion e maila súa rexa e probada experiencia no traballo das series de televisión (Terra de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares ).

Nesta cinta preséntansenos unha serie de pequenas historias cotiás ensambladas pola presenza dun personaxe encarnado por Luis Tosar (quen ademais dun excelente actor é músico el tamén na vida real), un músico que toca polas rúas do casco histórico compostelán ao longo dunha xornada. A través da súa continuidade ao modo dun fío condutor e grazas á interconexión dalgúns outros personaxes que se integran en varios dos diferentes relatos da longametraxe, acadamos como espectadores activos, pero sen ter que esforzármonos apenas, a construción dun discurso narrativo aberto, pero non tanto, e máis complexo do que podería parecer.

O título é ben significativo porque as pezas que engarzan o relato global son basicamente dezaoito comidas (almorzos, xantares, ceas) e as circunstancias nas que teñen lugar.

¡Ollo, que as circunstancias son ben heteroxéneas e tocan moitos aspectos vitais da xente normal!

A cinta en versión orixinal está rodada en galego, castelán e inglés; de aí, o seu interese lingüístico, pero tamén a necesidade dos subtítulos.

O máis importante de todo o que se poida comentar de 18 comidas é que se trata dunha película moi amena que convida ao gusto pola gastronomía e máis á reflexión.

Ficha da película en IMDb

Anuncios

Publicado el 15/01/2014 en cinema, Uncategorized y etiquetado en , , , . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. A min encantoume esta peli. Moi ben fiada, personaxes moi tenros e auténticos e historias sinxelas en apariencia. Unha delicia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s